VISITA DOS REIS MAGOS
Hoxe recibimos unha visita moi especial e agardada para os nosos nenos e nenas:
OS REIS MAGOS DE ORIENTE!
Preme na ligazón: https://youtu.be/tVo8wLf4_WU
PROXECTO DE FENDA DIXITAL ENDESA
Hoxe visitamos a Central Hidroeléctrica do Eume , convidados polo director territorial de ENDESA , onde nos fixeron entrega de dous ordenadores portátiles e dous módems USB con conectividade a internet . Esta doazón de equipamentos informáticos forma parte do proxecto de loita contra a Fenda Dixital que esta empresa puxo en marcha dentro do seu Plan de Responsabilidade Pública contra a COVID-19 . O seu obxectivo é axudar ás familias que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade fronte ás dificultades que lles pode ocasionar o ensino non presencial .
Dende o CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro queremos agradecer a ENDESA esta valiosa aportación para a nosa comunidade educativa .
Actualización do Plan de Continxencia
Seguindo as Instruccións do artigo terceiro da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional do 3 de novembro de 2020 , incorporamos o Anexo I ao Plan de Continxencia para o desenvolvemento do ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19 .
Preme aquí: Plan de Continxencia
COVID-19
Comunicámoslles que se confirmou un novo caso da Covid-19 no noso centro .
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas realizouse un estudo dos contactos próximos, cos cales xa contactou o Centro de Seguimento de Contactos indicándolles as pautas que deben seguir nos próximos días.
O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.
Poden atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS3.
A dirección
COVID-19
Comunicámoslles que se confirmou un brote da Covid-19 no noso centro . Ata o momento detectáronse dous casos.