FORMACIÓN MESTRES/AS
O pasado venres 25 de marzo, a Coordinadora do Equipo de Biblioteca do noso cole, desprazouse ata o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, para asistir aos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, nos cales interviron persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentáronse experiencias de centros de diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ).
Ademais desta formación o claustro asistiu a varias sesións presencias e por videoconferencia sobre a metodoloxía de ABP "Aprendizaxe baseada en proxectos" e Disciplina Positiva da man dunha das mellores mestras de España: Alicia Tojeiro. Toda unha honra e un privilexio para nós poder aprender da mellor.
UN DESEXO SOLIDARIO
Onte, luns 31 de xaneiro, o alumnado de sexto de educación primaria fixo entrega ao Concello de A Capela dos alimentos que a Comunidade Educativa aportou o Día da Paz para cumprir o noso desexo solidario. Esta proposta ten como principal obxectivo, ademais de moitos outros, concienciar ao alumnado da situación de vulnerabilidade na que se atopan moitas familias a diario e que con axuda todo é máis doado.
Grazas a todas as familias por participar e tamén ao
Concello de A Capela por colaborar coa nosa iniciativa.
RECICLA CON ENERXÍA!
LEMBRADE que as pilas non se tiran ao lixo. Hai que depositalas nos contenedores específicos para o seu correcto tratamento.
#pilabot#reciclaconenerxía
Podedes consultar os informes finais premendo nas ligazóns:
- Quilos totais recollidos por centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirocaaveiro/system/files/Pilabot_categoriaA.pdf
- Quilos totais recollidos por alumno/a: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirocaaveiro/system/files/Pilabot3_categoriaB.pdf
FESTA DE NADAL 2021
Preme na ligazón: https://youtu.be/pq6EF5wo3BY
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »