Novas

DÍA DO LIBRO

O pasado venres 28 de abril celebramos o Día do Libro no colexio co 2º troco de libros, organizado pola ANPA e coa participación dos/as rapaces e rapazas que quixeron renovar as súas bibliotecas...

Queremos agradecer especialmente ás familias que acolleron esta iniciativa axudando ós nenos e ás nenas na elección dos libros e impulsando a participación, tanto no troco coma no concurso de foto-libro. Encantáronnos as propostas, cheas de creatividade e colorido. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do evento... 

Parabéns ós/ás gañadores/as e sobre todo bravo pola participación!!!

Antes de rematar, agradecerlle tamén ao colexio que sempre nos axuda a levar adiante estas actividades, entre outras cousas, facendo o difícil papel de xurado nos concursos e ocupándose da difusión.

 

AVISO DO COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA PARA O CURSO 2021/2022

 

O martes 2 de novembro dan comezo as actividades extraescolares organizadas pola ANPA deste centro. Só se formaron grupos para as actividades de Patinaxe e Multideporte.

O horario das actividades será o seguinte:

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

PATINAXE

(15:30h 17:00h)

  

PATINAXE

(15:30h 17:00h)

 

MULTIDEPORTE

(15:30h a 17:00h)

 

 

21 DE XUÑO - FESTA DESPEDIDA FIN DE CURSO ORGANIZADA POLA ANPA

 

O VENRES 21 de xuño faremos a FESTA DE FIN DE CURSO, no pavillón do

colexio en horario de 15:30h a 20:00 h.

 

Haberá merenda, actividades e agasallos para @s nen@s.

 

 

AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA REMATARÁN O VINDEIRO 21 DE XUÑO

 

As actividades extraescolares organizadas pola

ANPA  rematarán próximo venres 21 de xuño de 2019.

Ata ese día desenvolveranse con normalidade.

 

 

 

 

Distribuir contido