INICIO DE CURSO

 

O vindeiro luns 11 de setembro comezarán as clases no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro.

 O horario escolar é o seguinte:

- 9:30h a 14:30h xornada lectiva.

- 14:30h a 15:30h comedor escolar.

- 15:30h saída do transporte.

Recomendamos que os nenos e nenas traian unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

*A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas faranse con normalidade salvo algunha modificación que xa foi informada.

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2023/2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

Durante o curso escolar 2023/2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

De non cubrirse as prazas con pais, nais, titores/as legais e acolledores/as familiares dos escolares do centro, abrirase unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares do alumnado comensal, ex-colaboradores deste servizo, persoal relacionado coa comunidade educativa, así como persoal que participe en programas de voluntariado social.

GRAZAS ISA !

Despois de 43 anos de traballo no noso cole, a cociñeira Isabel Piñeiro despediuse de nós. Desexámosche que teñas unha moi feliz xubilación. Botaremos de menos as túas comidas e o cariño co que sempre nos trataches. Agora desfruta desta nova etapa e descansa que o tes ben merecido! 

 

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024 (Click AQUÍ)

RELACIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES PARA O CURSO 2023/2024

1º de E.P.  2º de E.P.  3º de E.P.  4º de E.P.  5º de E.P.  6º de E.P. 

VEN A COÑECER A CAPELA!

 

O alumnado do CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro de A Capela anímanvos a que veñades a coñecer o seu pobo.

Preme na ligazón: https://youtu.be/HwZc19Jxtx4

Elaborado e deseñado polo alumnado de 5º de EP

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023/2024

 

No DOGA do 19 de Maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023  que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º e 4º de Ed. Primaria. 

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnado con necesidades educativas especiais, con rendas igual ou inferior a 10.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 10.000€.

 O alumnado de 5º e 6º de EP,  que participan no programa de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/2024 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude é ata o 21 de xuño de 2023. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obterán un nº de solicitude. Despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

    - Orde 10 de maio de 2023

    - Anexo I e II

HORTO ESCOLAR

 Actividade organizada pola ANPA en colaboración co Concello de A Capela

 

O sábado 22 de abril , a nosa ANPA organizou unha actividade moi interesante para botar a andar o noso primeiro horto escolar . Coa colaboración de varias familias e tamén do Concello da Capela colocáronse os bancais nos que plantaremos proximamente os nosos cultivos . Agradecemos á ANPA e ao Concello , unha vez máis , a súa implicación . 

Distribuir contido