LISTADO DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2020/2021

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021 (Click AQUÍ)

 

RELACIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES PARA O CURSO 2019/2020 

1º de E.P.  2º de E.P.  3º de E.P  4º de E.P.  5º de E.P.  6º de E.P. 

 

Robótica no centro e na casa

Deixámosvos neste vídeo un resumo do proxecto de Robótica que levamos a cabo os/as mestres/as e alumnado no cole durante este curso.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2020/2021

No DOGA do 19 de Maio de 2020 publícase a Orde do 12 de maio de 2020 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º e 4º de Ed. Primaria. Cámbianse os libros de 3º de EP e mantéñense os libros de 4º de EP do curso 2019/2020.

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 10.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 6.000€.

 O alumnado de 5º e 6º de EP,  que participan no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2020/2021 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude é ata o 19 de xuño de 2020. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obterán un nº de solicitude. Despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

        - Orde do 12 de maio de 2020

        - Anexo I

        - Anexo II

XUNT@S CONSEGUIRÉMOLO!

Xa queda menos... moito ánimo!

 

Xunt@s conseguirémolo! 

XOGOS PARA ESTES DÍAS E PARA TODOS OS DÍAS

Xogar, enredar, é un xeito de que haxa relación entre os diferentes membros da familia. Fai click enriba da imaxe e poderedes atopar unha gran variedade de xogos tradicionais, unha sección de papiroflexia, xoguetes para construír...

 

LEMBRADE: Xogar non é perder o tempo, é unha necesidade e unha aprendizaxe imprescindible para a vida.

 

NOTA DE PATRIMONIO LÚDICO GALEGO 

INSTRUCIÓNS PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS A COMEDORES (COVID-19)

 

Estimadas familias,

Con data 30 de marzo foron convocadas pola Consellería de Educación unhas axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuidade total e do que por renda familiar resulta pagador de 1 euro do servizo de comedor en centros públicos.

Consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, correspondente aos días lectivos de suspensión das clases pola pandemia do COVID-19.

O prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación ascende a:

  • Nos casos de gratuidade total: 2,50€ por día.
  • Nos casos de obriga de pago de un euro: 1,50€ por día.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada. Son necesarios para a tramitación mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e de Chave 365.

Para aquelas familias que non poden realizar a tramitación a través do procedemento anteriormente mencionado poderán solicitar axuda ao centro, comunicando telefonicamente ou a través do correo electrónico os seguintes datos:

  •  DNI ou NIE da persoa representante legal do alumno/a
  •  Nome e apelidos da persoa representante.
  •  Nome, apelidos e curso dos fillos/as.
  •  Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Pregamos que aqueles que dispoñan de correo electrónico envíen estes datos á dirección (ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es). Os que non dispoñan deste medio poden facelo a través do teléfono 881938153.

O prazo para enviar a información remata o 6 de abril ás 14:00horas.

 

A dirección

Distribuir contido