Skip to Content

Titoriais

Empréstitos e devolucións: KOHA

Achegamos unha breve guía de usuari@s para realizar os empréstitos e devolucións en KOHA. Guía que tamén estará a disposición no punto de Autoempréstito: caderno de usuari@s.

Aclaración: no tempo que nos leve pór o código de barras a todos os libros da nosa biblio non usaremos o lector de códigos, agás no caso de novas adquisicións/catalogacións que xa conteñen o seu código de barras. O profesorado e biblioaxudantes con "perfil axudante" deberán introducir o código de centro e número de rexistro de cada libro manualmente tal e como se recolle na seguinte guía:

Empréstitos e devolucións KOHA

Todos os libros teñen que estar localizados, polo que é tarefa de tod@s realizar o seu rexistro no sistema ou ante calquera incidencia (informática, de tempo...) nas táboas do arquivador situado no punto de xestión.

Coida da túa biblio... como ela coida de ti!

Titoriais KOHA

A Asesoría BEGA pon a disposición de todas as comunidades educativas recursos varios para o uso eficaz de KOHA. Premendo no seguinte enlace accederedes aos titoriais do novo programa de xestión da nosa biblio:

Titoriais KOHA

Distribuir contido


by Dr. Radut