Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Magosto

O venres celebramos o magosto. Fai clic na imaxe para ver un resumo desta celebración. 

 

 

Obradoiros

A semana pasada o alumnado de 5º e 6º de primaria realizou varios obradoiros a cargo do Cim e da Garda Civil.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiros

20 de Novembro: día da infancia.

O alumnado conmemorou hoxe “O día universal da infancia” cuns debuxos impresionantes. Pulsa na imaxe para poder velos.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 20 de novembro: día da infancia

Visita ao Castelo de Maceda!

Onte e hoxe o alumnado de 3º a 6º de primaria fixeron unha saída ao castelo de Maceda. 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Visita ao Castelo de Maceda

Relación de candidaturas admitidas para o Consello Escolar

Segundo reunión da Xunta Electoral de hoxe, día 15 de novembro, informamos que todas as candidaturas presentadas para o sector de pais/nais ou titores legais foron admitidas.

Ábrese un prazo de 2 días para posibles reclamacións.

Premendo aquí pódese consultar a relación de candidaturas.

SAMAÍN!

As fotos do samaín xa están listas. Fai clic na imaxe para velas!

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Samaín

Aberto prazo presentación candidaturas Consello Escolar 2022

Informamos que dende o día 3 ata o 11 de novembro incluído está aberto o prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar.

Para presentarse é preciso facer unha solicitude a través do impreso dispoñible na Secretaría. O impreso de solicitude tamén se pode descargar dende aquí e entregar xa cuberto no centro.

Aproveitamos para facilitarvos o calendario electoral co fin de que teñades presentes todas as datas relevantes para o proceso.

Recordarvos que este ano hai que renovar dous representantes dos pais/nais ou titores legais do alumnado e substituír por un ano a un membro que xa non está dispoñible.

É conveniente que os candidatos (posibles membros) se preocupen polo funcionamento do centro, aportando as súas ideas para melloralo.

Calquera pai, nai ou titor/a legal do alumnado do centro que figure no censo pode presentarse para, de ser elixidos, formar parte do Consello Escolar.

É necesario ter en conta que os pais/nais ou titores legais do alumnado que forman parte do Consello Escolar son os seus representantes no centro.

Non dubiden en contactar co centro educativo para resolver calquera cuestión que lles poida xurdir.

 

Renovacións membros Consello Escolar

Durante o mes de novembro levarase a cabo o proceso de eleccións do Consello Escolar para a renovación dos correspondentes membros.

Na páxina web iremos informando de todo o proceso.

O próximo xoves, día 27, ás 9:35 horas. procederase a facer o sorteo público para seleccionar os membros da Xunta Electoral que se constituirá o 2 de novembro.

 

Aviso importante

Digital Week

Onte despedimos ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria na súa saída cara Bergondo (A Coruña).

O noso proxecto foi un dos seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística da Consellería de Educación “Digital Week”.

Dende o domingo 16 ata o sábado 22 de outubro os alumnos terán a oportunidade de desenvolver durante a súa estancia de campamento diversas actividades nas que, non so practicarán as súas destrezas na lingua estranxeira, senón que tamén mellorarán a súa competencia dixital.

Premendo aquí podedes atopar toda a información.

Distribuir contido


by Dr. Radut