Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Erasmus

Erasmus KA122-SCH

         Para o curso 2022-2023 temos aprobado un proxecto Erasmus KA122-SCH que leva por título “Expandiendo nuestros horizontes para atender a la diversidad” e que terá unha duración de 18 meses.

Co fin de levalo a cabo, creamos por primeira vez o equipo de Dinamización de Programas Internacionais, formado polos seguintes docentes do centro:

  • M. Isabel Blanco Pumar (Coordinadora)
  • Silvia Alonso Pérez
  • M. Consuelo Novoa Romero
  • Manuel Borrajo Fernández
  • Antonio Fernández Jácome
  • Ruth Costa Pascual

 

 Obxectivos do programa

O obxectivo principal é provocar un cambio importante no noso Proxecto Escolar mediante a creación dun entorno estimulante que poida motivar aos docentes, estudantes e familias a ser unha parte activa do proceso de aprendizaxe.

Pretendemos mellorar a práctica docente a través da implementación de estratexias metodolóxicas e novos enfoques que promovan a participación do noso alumnado. En consonancia coas prioridades do Programa Erasmus +, queremos impulsar a igualdade de oportunidades entre os estudantes para atender á diversidade e fomentar a inclusión.

E finalmente, queremos facilitar a interacción da comunidade educativas con outras culturas e países, a través de mobilidades, intercambios e proxectos colaborativos.

 

Mobilidades

No marco deste proxecto Erasmus temos concedidas 10 mobilidades de distinto tipo e a distintos países:

  • 6 mobilidades de aprendizaxe por observación, nas que visitaremos distintos centros para coñecer a súa experiencia e poder analizar o seu sistemas educativo co fin de trasladar as boas prácticas observadas a nosa realidade. As mobilidades realizaranse aos seguintes países:  Dinamarca, Suecia e Francia.
  • 4 mobilidades para facer cursos de formación sobre distintas temáticas afíns ás necesidades do centro: Islandia, Portugal, Malta e Finlandia.

 


Blog de ERASMUS!

Se precisades máis información sobre o blog de ERASMUS podedes facer clic na seguinte imaxe para non perdervos ningún contido.

Distribuir contido


by Dr. Radut