Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

ANPA

8M: Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo, Día Internacional da Muller traballamos o proxecto “Aprende coas mulleres galegas”. Cada clase afondou una vida de diferentes referentes intelectuais galegas mediante actividades, lecturas e a creación dunha galería con retratos de cada muller. 

   

O alumnado de 5º curso levou a cabo un proxecto da Universidade de Vigo no cal traballaron individualmente a vida dunha figura femenina relevante na historia da humnidade para concienciar e facer visible a figura da muller na ciencia, na enxeñaría, na astronomía…

 

O alumnado de 5º e 6º tamén colaborou nunha actividade organizada polo CIM do Concello de Maceda no que espuxeron anécdotas destacables de mulleres da súa contorna próxima.

Ademais destas actividades colaboramos coa ANPA na pintura mural sobre o 8M que luce nunha das paredes do centro. Toda a rapazada do centro tivo a oportunidade de deixar plasmada a súa man en apoio a esta iniciativa. Agradecemos a ANPA e ao artista Pablo Seoane, membro do Consello Escolar, a súa implicación e traballo.

Velaquí o álbum con máis imaxes:

Álbum: Curso 2021-2022 -> 8M

Aviso Asamblea ANPA

A Asamblea Ordinaria da ANPA será o SABADO, ás 19:00h, terá lugar no Salón de Plenos do Concello. Trataranse os seguintes puntos:

·         Lectura e aprobación da Acta da reunión anterior
·         Estado de contas.
·         Comunicación das actividades extraescolares.
·         Renovación da Xunta directiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut