Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Club de Ciencia

"CLUB DE CIENCIA"

“CLUB DE CIENCIA”

Neste curso escolar 2022-2023, o CEIP Plurilingüe de Maceda, participa no programa de innovación educativa da Consellería “Club de Ciencia”, coa idea de achegar aos nenos e nenas a ciencia dun modo lúdico e activo.

Este ano participan os cursos de 4º,5º e 6º de Educación Infantil e 1º , 2º e 5ºde Educación Primaria.

A finalidade do Club de Ciencia é auxiliar aos alumnos e alumnas para afirmar e profundar os seus coñecementos teóricos por medio de experiencias totalmente prácticas, ademais de contribuír a formar unha disciplina con base no método científico, fundamental no mundo que os e as rodea.

Un Club de Ciencia favorece a reflexión e dota aos alumnos e alumnas dos mecanismos necesarios para asimilar novos coñecementos, para buscalos, participando no seu descubrimento mediante o uso de métodos activos que lle proporcionen experiencias vivenciais, que lle abran o panorama da autoformación permanente, porque os alumnos e alumnas non son meros receptores de coñecementos, é emisores activos dos mesmos e, deben aprender a producilos.

Os experimentos e actividades científicas permiten aos nenos e nenas desenvolver a súa creatividade e iniciativa, agudizar o seu sentido crítico e darlle unha maior significación á aprendizaxe das ciencias.

 

A educación actual debe estar cimentada nos esforzos e experiencias propios para facilitar o desenvolvemento de todas as facultades do que aprende. O alumno e a alumna tense que enfrontar coa realidade mesma para que aprenda dela.

 

ESPECTÁCULO CIENTÍFICO

ESPECTÁCULO CIENTÍFICO

E como broche final do noso  Club, gozamos cun espectáculo científico no que puidemos comprobar que, case sempre, a maxia non é maxia é CIENCIA.

Álbum: Club de Ciencia 2022-2023 -> ESPECTÁCULO CIENTÍFICO

PLANTACIÓN-OBSERVACIÓN DUN AMORODO

PLANTACIÓN – OBSERVACIÓN DUN AMORODO”

 

Este curso na área de Ciencias da Natureza traballamos os seres vivos (as plantas), e asemade participamos no proxecto “Aliméntate Ben”.

Na aula de 1º decidimos plantar un amorodo, posteriormente observamos as súas partes e o seu proceso de crecemento, probamos o seu froito e aprendemos que os amorodos son alimentos saudables.

 

MATERIAL:

1 maceta

Terra

1 planta de amorodo

Auga

PROCESO:

1- Mercamos na praza de abastos unha planta de amorodo.

2. Botamos terra nunha maceta e fixemos un burato nela.

3. Introducimos no burato feito na terra a planta de amorodo e tapamos a raíz calcando a terra.

4- Regamos a planta con auga.

5- Colocamos a planta ao lado da fiestra da clase nun lugar onde recibía luz e calor do sol.

6-Cada día comprobamos se a planta precisaba auga segundo a humidade da terra.

BASE CIENTÍFICA:

Con este experimento comprobamos que os amorodos son plantas que teñen raíz, talo e follas. Asemade, botan flor e desta nace o froito (amorodo). Puidemos observar como cada flor se converteu nun amorodo e que pouco a pouco ía medrando (nun principio eran brancos) e ía collendo cor vermella ao madurar.

Observamos tamén a importancia que ten a luz solar para as plantas porque a planta medraba máis cara a luz do sol.

A auga tamén é un elemento importantísimo para as plantas porque sen ela estas non poden vivir. Cada día valoramos a necesidade que tiña a planta de auga observando a humidade da terra e o aspecto das súas follas.

Gustounos moito este experimento porque cada día observábamos algún cambio na nosa planta, aprendemos a coidala e puidemos probar o seu froito (no reparto de froita do “Aliméntate Ben” porque a nosa planta non deu amorodos para todos).

Álbum: Club de Ciencia 2022-2023 -> PLANTACIÓN-OBSERVACIÓN DUN AMORODO

CHUVIA DE CORES

CHUVIA DE CORES

Nesta ocasión o pai de Brais veu a axudarlle a facer un experimento e ensinarllo aos seus compañeiros e compañeiras.

Empregaron vasos, auga, aceite, colorantes, e culleres.

Para empezar puxeron nun vaso auga, e noutro aceite, No aceite botaron gotas de colorante de distintas cores e removeron forte con unha culler obtendo pequenas gotas de cores.

Despois lentamente engadiron o aceite con cores á auga e observamos .

En primeiro lugar vimos que o aceite flotaba sobre a auga xa que teñen diferente densidade, a auga é máis densa.

Pouco a pouco empezamos a ver que as gotas de cores baixaban e parecía chuvia de cores, eso é debido a que o colorante ten base de auga.

Encantounos o experimento!!    Moitas grazas a Miguel e a Brais!!

Álbum: Club de Ciencia 2022-2023 -> CHUVIA DE CORES

DOBRAMOS ÓSOS

DOBRAMOS ÓSOS

Se non fora por os nosos duros e resistentes ósos, non poderiamos manternos de pé. Xogar, correr

ou saltar . 

Pero algunha vez se che ocorreu que os ósos se podían dobrar?

MATERIAIS

Ósos de polo ben limpos.

Recipiente con tapa no que caiban os ósos.

Vinagre.

PROCEDEMENTO

1º.- Limpamos os ósos de polos moi ben, que non quede nada de carne.

2º.- Lavámolos ben con deterxente e xa están listos para usar.

3º.-  Colocamos os ósos  no recipiente, cubrímolos de vinagre completamente.

4º.- Tapa o  recipiente.

5º.-  Ao cabo de dous días, cambia o vinagre por vinagre novo e repetimos o proceso

cada dous días durante toda unha semana.

 Comprobamos como vai cambiando a consistencia dos ósos ao longo dos días.

Ao cabo dunha semana, sacamos os ósos.

Decatámonos que aínda non estaban brandos e deixámolos unha semana máis.

Por que se abrandan os ósos de polo cando os somerxemos en vinagre?

Os ósos, tanto de polo como os nosos, están formados por unha sustancia chamada

carbonato de calcio, que é a que os fai duros. O vinagre co que cubrimos os ósos contén un  ácido,

chamado  ácido acético, que reacciona co carbonato de calcio e o transforma en sustancias

 diferentes.

RESULTADO:

OS ÓSOS PERDEN A SÚA DUREZA E PÓDENSE DOBRAR COMO SE FOSEN DE GOMA!!

LÁMPADA DE LAVA

LÁMPADA DE LAVA

Desta volta foi a mamá de Mateo quen lle axudou a facer unha lámpada de lava e explicar o seu funcionamento, para despois realizala todos os nenos e nenas.

Empregaron vasos, colorantes, auga, aceite, pastillas efervescentes e unha lanterna.

En primeiro lugar botaron auga nun vaso e o colorante, despois aceite abundante e finalmente a pastilla efervescente, esperamos uns segundos e comezamos a ver como saían burbullas e parecía un volcán dentro da auga.

Esto sucede porque a auga e o aceite teñen distintas densidades e nunca se poden mesturar. Deste xeito o aceite queda na parte superior. Cando a auga, o colorante e o bicarbonato de sodio da pastilla efervescente entran en contacto, prodúcense moitas burbullas que suben á superficie, desaparecen y volve caer o colorante. Este proceso repítese ata desfacerse a pastilla e semella o efecto de lava de cores.

Pasámolo moi ben!! Moitas grazas Noemí e Mateo!!

Álbum: Club de Ciencia 2022-2023 -> LÁMPADA DE LAVA

O BARÓMETRO

O BARÓMETRO

O pai de Samuel veu ao cole a ensinarnos o que é un “barómetro”, e explicounos como facer un e para que serve.

Contounos que foi un señor que se chamaba Torricelli o que o inventou e que serve para medir a presión atmosférica que de xeito sinxelo podemos dicir que é a forza que exerce o peso do aire.

Para poder observala, Jose , fixo un barómetro con dous botes de cristal, globos e unha palliña, e tódolos nenos e nenas puideron presionar no globo para ver como se movía a palliña, nun senso ou noutro segundo se exercía máis ou menos presión.

O experimento foi moi interesante e aprendemos moito!!

Grazas a Jose e a Samuel!

Álbum: Club de Ciencia 2022-2023 -> O BARÓMETRO

MAGNETISMO

MAGNETISMO

Aos nenos e nenas gústanlles moito os xogos con imáns e realizamos varias actividades sensoriais magnéticas para aprender sobre as súas propiedades. Os nenos e nenas preguntáronse se funcionarán os imáns no interior da auga?

MATERIAL NECESARIO

Mesa de luz

Auga

Variñas magnéticas

Clips/moedas/tesoiras

 

   PROCESO DE ELABORACIÓN:

   Énchese a botella de auga e bótanse as fichas de cores.

       Pechamos ben a tapa e temos a botella sensorial preparada, para entrar en acción ca variña magnética.

       Acendemos a mesa de luz e xa o espectáculo é máis máxico se cabe. As fichas de cores vense  translúcidas  e son máis bonitas aínda coa variña máxica cando soben e baixan.

 

 BASE CIENTIFICA

O magnetismo é a propiedade que posúen algúns elementos de atraer obxectos metálicos como o ferro , un exemplo son os imáns. Ao introducir as fichas de cores na botella, observamos que quedan non fondo, é unha forma para que eles observen se realmente funciona o imán tamén dentro do interior dun líquido ou non.
Cando empezan a tentar cazar as fichas de cores sorpréndense como soben e baixan, tentan pillar da súa cor preferida…e pasan un intre divertido coa variña magnética descubrindo e aprendendo as propiedades dos imáns de forma lúdica e divertida.

 

Álbum: Club de Ciencia 2022-2023 -> MAGNETISMO

VOLCÁN

ERUPCIÓN VOLCÁNICA

MATERIAL NECESARIO:

  • Volcán
  •  

    Colorantes

  •  

    Vaso de medición

  • Bicarbonato de sodio
  • Vinagre
  • Auga
  • Espátula
  • Fariña de trigo
  • Prato ou base
  • Pipetas

PROCESO DE ELABORACIÓN:

1.    

Comeza colocando o volcán sobre un prato fondo.

2.   

Coa axuda do vaso , enche o volcán de vinagre.

3.   

Coa pipeta engade algunhas gotas de colorante e remove coa espátula.

4.   

Engadimos unha culler de fariña ao volcán e removemos ata que a fariña se disolva no vinagre.

5.   

No vaso de medición engadimos auga e coa culler botamos bicarbonato de sodio nun vaso de medición e mesturamos.

6.   

Facemos a conta atrás e engadimos o contido do vaso ao volcán.

  BASE CIENTIFICA

Neste experimento simulamos unha erupción volcánica, na que ao combinar a reacción ácido-base prodúcese “lava”.

O ácido do vinagre reacciona co bicarbonato e libérase dióxido de carbono.

Álbum: Club de Ciencia 2022-2023 -> VOLCÁN

MENSAXES OCULTAS

MENSAXES OCULTAS

 

A nai dunha alumna de 6º de Educación Infantil, realizou xunto coa súa filla o seguinte experimento na aula con todos os menos e nenas.

Empregou: limóns, papeis, coitelo, veas, varios recipientes pequenos, hisopos de algodón (bastonciños) e pratos.

Primeiro espremeu un limón para obter o zume.

Despois mollou un bastonciño no limón, e con el escribiu unha mensaxe nun papel decorado a modo de pergamiño medieval.

Pero non se vía nada, só parecía algo mollado.

Entón pensamos que cando secara podía ser que aparecera a mensaxe, pero nada, e finalmente probamos a secalo cunha vea e darlle calor.

E coa vea empezaron a aparecer unhas letras de cor marrón, semellaba maxia.

Pensamos se pasaría o mesmo con auga, pero non pasou nada.

Isto sucede porque o limón contén ÁCIDO CÍTRICO que se OXIDA cando lle aplicas calor dando lugar ao efecto de oscurecemento ( residuo carbónico)

Aproveitamos tamén esta ocasión para degustar o limón, e experimentar a acidez do mesmo.

Moitas grazas a Carolina e a Zaya pola súa colaboración.

Álbum: Club de Ciencia 2022-2023 -> MENSAXES OCULTAS
Distribuir contido


by Dr. Radut