Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Animación á lectura

LETRAS GALEGAS: Florencio Delgado Gurriarán

O venres, 13 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas no  cole, que este ano está adicado a Florencio Delgado Gurriarán.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega presentou distintas actividades a desenvolver neste día. A titora de 6º de Primaria organizou unha "procura do tesouro sobre Florencio Gurriarán".  O alumnado de 6º de Primaria elaborou unha pistas para atopar as pezas que compuñan o crebacabezas sobre Florencio. Unha actividade moi satisfactoria tanto para o participantes como para os organizadores desta pescuda. Así mesmo, convocouse un concurso de "memes  sobre Florencio". A gañadora foi Carla de 4º de Primaria. Parabéns!!

Álbum: Curso 2021-2022 -> Letras Galegas_Florencio_Delgado_Gurriarán

23 de Abril, Día Internacional do Libro

O pasado sábado, 23 de abril, celébrase a nivel internacional o "Día do Libro"

Este ano o equipo de Biblioteca levou a cabo a "Feira do Libro". O venres 22 de abril o centro mudou o seu aspecto para traballar todas as singularidades relacionadas coa lectura.  O alumnao de infantil e primaria participou activamente nos obradoiros deseñados polo equipo de Biblioteca. Os obradoiros ofertados foron os seguintes:

  • Obradoiro de marcapáxinas.
  • Obradoiro de contacontos en inglés.
  • Obradoiro "Feira de libros".
  • Obradoir de lectura.
  • Obradoiro de elaboración de títeres.

Preme na seguinte imaxe para acceder a galería de fotos:

Fonte:Pixabay

 

 

Quendas de biblioteca da tarde para o terceiro trimestre

Xa están as quendas de garda de biblioteca do 3º trimesrtre para que disfrutedes da mesma de martes a venres dende as de 1530 ata as 1730 horas.

Preme na imaxe para ver os horarios: 

 

Fonte: Pixabay 

QUENDAS DE GARDA DE BIBLIOTECA PARA O 2º TRIMESTRE

Xa están as quendas de garda de biblioteca para que disfrutedes da mesma de martes a venres dende as de 1530 ata as 1730 horas.

Preme na imaxe para ver os horarios: 

 

Fonte: Pixabay

 

CONTO: O ABETO SOLITARIO

Os nenos e nenas de Infantil realizaron este conto de Nadal coa axuda da profe Reyes.

Preme AQUÍ para ollalo!!

 

 

 

 

 

CONMEMORACIÓN DO MES DO LIBRO 2021

Con motivo da conmemoración do Día do Libro o alumando do CEIP de Maceda quere enviarvos unha mensaxe:

24 de FEBREIRO: "DÍA DE ROSALÍA"

O vindeiro mércores, 24 de febreiro conmemórase o "Día de Rosalía".

 

OS BOLECHAS E RICARDO CARVALHO CALERO

O domingo, 17 de maio, celebramos o "Día das Letras Galegas". A persoa homenaxeada este ano é Ricardo Carvalho Calero. Os Bolechas convídannos a coñecer a esta persoa. Non vos perdades o seguinte conto:  

MINICONTO DE NATURIZO

Sabela Gago, a contacontos que xa tanto coñecedes, volve a deleitarnos cun novo miniconto de Naturizo

CONTO "DEZ XOANIÑAS"

Unha vez mais, Sabela Gago, a contacontos que xa coñecedes, vainos contar o conto "Dez Xoaniñas" de Xoán Babarro, permanecede ben atentos ao seguinte vídeo-conto:

Distribuir contido


by Dr. Radut