Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Plan Proxecta: Aliméntate Ben

Aliméntate ben

A obesidade infantil é un dos problemas de saúde pública máis graves do século XXI. O problema é mundial e está afectando progresivamente a moitos países. O sobrepeso, a obesidade e enfermidades como a diabete ou enfermidades cardiovasculares, son en gran medida previsibles a través dunha boa alimentación e hábitos de vida saudables.

Ademais disto, está comprobado que a inxesta de determinados alimentos axudan a nutrir e estimular as áreas cerebrais relacionadas coa aprendizaxe, a memoria e a concentración. A ciencia demostra que unha alimentación saudable, variada e equilibrada irrigará mellor o cerebro permitindo que os nutrientes e o osíxeno cheguen as neuronas e xeren novas conexións nerviosas e, por tanto, novas aprendizaxes.

A alimentación tamén inflúe no humor, no comportamento, e nos hábitos de sono. Un/unha neno/a que durme ben e está ben alimentado vai a render moito mellor que un que non o está.

No CEIP Plurilingüe de Maceda vimos detectando nos últimos cursos un aumento no consumo de azucres e produtos ultrapocesados na merenda da media mañá. A falta de tempo das familias e a conciliación familiar provoca que a elaboración ou preparación das merendas sexa algo fácil e rápido que non implique tempo e que ademais non xere conflitos cos nenos/as.

Ademais disto tamén observamos que no comedor escolar o alumnado é remiso a comer pratos con verduras, ensaladas ou peixe.

O programa “Aliméntate Ben” proporcionaríanos os medios e recursos necesarios para ir modificando esta situación, partindo da concienciación das familias e do traballo conxunto co profesorado, co fin de mellorar os hábitos alimentarios da poboación escolar do centro e porén da comunidade educativa.

 

Con este proxecto pretendemos empoderar ao noso alumnado e ao resto da comunidade educativa con coñecementos nutricionais adaptados para así influír nas súas decisións como consumidores e facer unha transición a unha alimentación moito máis saudable e equilibrada. E non so iso senón tamén buscamos que o noso alumnado mellore a súa atención, a súa motivación e, en último lugar, a súa aprendizaxe.

Avaliación Aliméntate Ben

Preme na imaxe para valorar os resultados do Programa Aliméntate Ben.

Fonte Imaxe: Pxfuel

Excursión ao porto de Vigo.

Dentro do programa Aliméntate Ben e o subprograma Ti si que es un bo peixe, o alumnado de 3º e 4º de primaria gozou dunha excursión ao porto de Vigo, para coñecer de onde procede o peixe que comemos.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Excursión a Vigo

Obradoiro: fai clic ao teu bocata!

O alumnado do centro gozou no día de hoxe dun obradoiro sobre a alimentación saudable. Así mesmo, cada alumno e alumna puido facer o seu propio bocata. 

Pulsade na imaxe para ver todas as fotos. 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiro: fai clic ao teu bocata

Recomendacións Nutricionista

O pasado 10 de marzo tivemos a primeira sesión da Escola de Nais e Pais. Para a ocasión tivemos a oportunidade de escoitar a Ana López Hernández, nutricionista de profesión, que dentro do programa Aliméntate Ben, deu unha charla con recomendacións para as merendas escolares.

Como moitas familias non puideron asistir, Ana enviounos a súa presentación para que todos teñades acceso a ela.

Contacontos de celiaquía

O alumnado de 3º a 6 º de primaria gozou dun espectacular contacontos sobre celiaquía. Fai clic na foto para poder velas todas.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Contacontos de celiaquía

Escola de Nais e Pais

Distribuir contido


by Dr. Radut