Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Admisión

Admisión novo alumnado

Infórmase que todo o alumnado de nova matrícula que solicitou praza neste centro no período ordinario foi admitido.

A listaxe definitiva de admitidos pódese consultar no taboleiro de anuncios que se atopa na entrada do centro.

O prazo de formalización de matrícula para entrega de documentación pendente abrangue do 20 ao 30 de xuño.

En breve porémonos en contacto coas familias do alumnado de 3 anos para convocalos a unha reunión informativa.

 

Admisión curso 2023/2024

Dende o mércores día 1 e ata o 2O de marzo (ambos incluídos) permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que se matricula por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

No documento aquí ligado pódense consultar as vacantes dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e o prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A solicitude pódese facer de forma telemática ou de forma presencial recollendo o impreso no centro.

 

Documentos solicitude:

 

 

Xornada Portas Abertas

 

Aquelas familias interesadas que non poidan asistir son benvidas a contactar co centro para concertar unha visita e coñecer as instalacións.

 

Reserva de praza Curso 2023-2024

Dende o 15 de xaneiro ao 4 de febreiro (ambos incluídos), está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES San Mamede de Maceda. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro o ANEXO I (co código de procedemento ED550A),  debidamente cumprimentado xunto coa fotocopia do DNI.

Esta solicitude deberase presentar preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisiónalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2021).

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

 


 Importante:

A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no naexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis).

Calendario procedemento admisión

Admisión curso 2022/2023

Dende o martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que se matricula por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

As prazas dispoñibles publícanse no taboleiro de anuncios do centro.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e o prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A solicitude pódese facer de forma telemática ou de forma presencial recollendo o impreso no centro.

 

Documentos solicitude

 

 

Matrícula novo alumnado

Prazo de admisión curso 2022-2023: dende o 1 de marzo ata o 21 de marzo

Para coñecer o centro pide cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico.

 

Por que elixir o noso centro?

Reserva de praza curso 2022/2023

Dende o 11 de xaneiro, e ata o 8 de febreiro, está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES San Mamede de Maceda. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro o ANEXO I  debidamente cumprimentado xunto coa fotocopia do DNI.

Podedes descargar o Anexo I en diversos formatos:

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2021).

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut