Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Badaladas!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Nadal

Reserva de praza Curso 2023-2024

Dende o 15 de xaneiro ao 4 de febreiro (ambos incluídos), está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES San Mamede de Maceda. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro o ANEXO I (co código de procedemento ED550A),  debidamente cumprimentado xunto coa fotocopia do DNI.

Esta solicitude deberase presentar preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisiónalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2021).

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

 


 Importante:

A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no naexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis).

Calendario procedemento admisión

Felices Festas!!!

felices festas

 

Noraboa!

Felicitacións a Lucía de 3º de primaria polo seu segundo posto na categoría benxamín feminino.

Deporte escolar: campo a través.

O alumnado de 2º a 6º de primaria gozou dunha xornada de deporte escolar no entorno de Monterrei.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Deporte Escolar: campo a través decembro

Recoñecemento para o noso alumnado

Estamos orgullosos da nosa alumna Naia de Educación Infantil. O seu traballo sobre a Constitución foi un dos premiados no Concurso Escolar da Constitución Española organizado pola subdelegación do Goberno de Ourense.

Parabéns Naia e parabéns ás docentes que o fixeron posible!

Composición Consello Escolar 2022-2024

Esta é a nova composición do Consello Escolar segundo as eleccións celebradas en novembro de 2022.

Equipo directivo:

M. Isabel Blanco Pumar

Manuel Borrajo Fernández

Mª Consuelo Novoa

 

Representantes profesorado:

Silvia Alonso Pérez

Esperanza González Rodríguez

Felipe Blanco Míguez

Ruth Costa Pascual

Elena Blanca Gómez Vila

 

Representantes pais/nais:

Rocío Rodríguez Álvarez (ANPA)

Pablo Seoane Castro

Iria Dopazo Cid

María Rosario Fernández Blanco

Mónica Rodríguez Domínguez

 

Representante Concello:

Teresa González Lamelas

25 N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Dentro do proxecto de centro "Érase unha vez un castelo" conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cuns escudos elaborados por cada unha das clases. 

Distribuir contido


by Dr. Radut