Día da Paz

Paz

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ


O luns, 30 de xaneiro, ás 12:50 horas cada grupo de alumnado, acompañado do seu titor/a, así como o resto de membros do claustro, acudiu ao pavillón do centro.

Alí, deuse lectura a un Manifesto do Día da Paz e a Non Violencia.

O alumnado de Ed. Infantil cantou a canción do grupo Migallas chamada “CAMPÁS POLA PAZ”

Os grupos de 6º formaron no chan a palabra “PAZ”

Todos os grupos cantaron a canción “TU ENEMIGO”


Como novidade deste ano, durante 30 segundos todos os grupos fixemos un “manniquinn challenge”, Por parellas ou grupos, quedamos nunha postura que represente unha acción de paz. Se queredes ver fotos clicade AQUÍ.

Durante toda a semana, xunto á mesa de ping pong, haberá obxectos (adornos, frases) para o PHOTOCALL DA PAZ. O alumnado, acompañado polos seus titores/as, poderá sacarse fotos alí, para subir á páxina web do centro.





Distribuir contido