Celebracións

Día contra o acoso escolar

Exposición " Sen elas non hai música"

Imaxes da exposición "Sen elas non hai música" cedidas pola Asociación Visibles e o Concello de Malpica de Bergantiños, e na que se destaca o papel da muller no mundo da música.

Entroido 2021

Día da Paz 2021

Día internacional da Educación

A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento. Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos. Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable. A terceira edición do Día Internacional da Educación (24 de xaneiro) celebrarase o 25 de xaneiro de 2021. O tema desta edición será “Recuperar e revitalizar a educación para a xeración COVID-19”. É hora de reforzar a educación incrementando a colaboración e a solidariedade internacionais con miras a colocar ao ensino e a aprendizaxe ao longo de toda a vida no centro da recuperación.

Nadal 2020

Este ano para felicitar o Nadal realizamos este baile.

 

Tamén fixemos un concurso de Postais de Nadal.

E recibimos a visita de Papá Noel

FELICES FESTAS A TODOS ¡¡¡

Día Internacional das Persoas Migrantes