Skip to main content

SEMANA CIENTÍFICA 3º (DO 15/6 AO 19/6/20)

Bos días, chic@s!

 Estamos nos últimos días deste curso.  Durante este tempo traballastes moito.  Parabéns por tanto traballo e tan ben feito! 

 As tarefas que vos envío esta semana son as últimas e están adicadas á Ciencia. Consisten en experimentos que podedes facer e nos pasos para a iniciación ao método científico

1. Observación

2. Predición ou formulación de hipóteses.

3. Experimentación

4. Análise

5. Comunicación dos resultados

 

Déixovos tamén un vídeo sobre Valores para a reflexión.

Adiante!

 

Quero dicirvos tamén que no próximo curso non estarei no colexio e gustaríame darvos as grazas porque aprendín moito con todas e todos vós.  Espero que vós gardedes tamén as aprendizaxes que tivemos ocasión de compartir e que vos sexan moi útiles agora e no futuro.

Deséxovos que disfrutedes moito do verán, que sexades moi, moi felices e que alcancedes todo o bo que vos propoñades sempre.

 

 Unha forte aperta.

Maita

Valores

 

Educación Artística