Actividades propostas para 4ºEP (27 de abril - 30 de abril )

Bos días, chic@s!

Parabéns polas tarefas!

Nesta semana (27/4/20 - 3/5/20) envíovos a nova proposta:                                    

  • LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

 

  • MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

  • MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

 

  • XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

  • VENRES: (Festivo).

A semana pasada, como sabedes, celebrouse o 23 de abril o Día Internacional do Libro.  Dentro do blogue da biblioteca (nesta páxina web abaixo á esquerda), tedes unha explicación de por que se decidiu escoller ese día como celebración.

Animádevos tamén a participar nas propostas de recomendacións de libros e recordade seguir lendo moito!

Tamén, durante este confinamento, tivo lugar o Día Mundial da Poesía (o 21 de marzo). 

Lembrades as poesías que vos propoñía facer durante a primeira quincena deste período (do 16 de marzo ao 30 de marzo). Podedes envialas ao correo do colexio, se as queredes compartir.

Feliz semana !