Bos días!
Na publicación anterior, o oleiro aparecía no terceiro vídeo, o referido ao sector secundario, entre o minuto 1:19 segundos e o 1:22. Seguro que o acertastes!
Achégovos hoxe uns novos vídeos sobre a Terra, a súa posición dentro do Sistema Solar, unhas curiosidades sobre os planetas, que é iso do efecto invernadoiro e a que nos referimos cando falamos de quecemento global e de cambio climático (non é o mesmo, veredes!).
Propóñovos uns novos RETOS:
- Como se chaman os fragmentos de rocha que hai detrás de Marte?
- Cantas lúas ten Xúpiter?
- En que consiste o efecto invernadoiro? Explícao coas túas palabras.
- Que é o cambio climático?
Ánimo!
O Sistema Solar
https://www.youtube.com/watch?v=vQIsQK4m7Qk
Efecto invernadoiro
https://www.youtube.com/watch?v=0IYozXSfHDs
Cambio climático e quecemento global
https://www.youtube.com/watch?v=4_luP3GdAmE