Día do Medio Ambiente

Para celebrar o día do medio ambiente , o alumnado do centro plantou unha nova árbore no recinto escolar.

Nesta ocasión trátase dun tilo do que se compremeten a coidar os alumnos de 5º e 6º de primaria.

O compromiso de todos co medio ambiente lévanos a participar na campaña “#RRR. O MEDIO AMBIENTE NECESITA A TÚA AXUDA”  , iniciativa que toma a forma dun microsite onde o internauta atopará  un manual de boas prácticas, sinxelos consellos para diminuír a producción de residuos e para alongar a vida útil dos produtos, así como catro interesantes microvídeos a través dos cales se explica a importancia de separar os refugallos en orixe e depositalos no contedor axeitado, concretando o que debe e non debe ser depositados nos principais contedores que os cidadáns teñen á súa disposición nas vías públicas.

 

Para continuar co tema do medio ambiente , o día 6 os alumnos de 5º  e 6º de primaria asistiron a unha charla sobre Economía Circular e Medio Rural impartida pola Asociación Galicia Ambiental.