recollida datos outono

CULTURA ORAL DE OUTONO

 

 

 

Grazas a tódalas familias por colaboar e transmitirnos parte da súa cultura oral.

Aquí amosamos algunhas das aportacións: refráns, cantigas, receitas ou adiviñas...

 

 

  REFRÁNS

Temperá é a castaña

que por setembro regaña.

Alumno/a: Álex 4º

Transmisor/a: Ana Isabel (nai)

 

 

Verán de San Martiño

grande ou pequeniño.

Alumno/a: Mario 4º

Transmisor/a: José Calvete Varela

 

 

San Martiño

pan e viño.

Alumno/a: Carlos 3º

Transmisor/a: Carlos

 

 

A todo porquiño lle chega

o seu San Martiño.

Alumno/a: Claudia Cambón 2º

Transmisor/a: Mª Carmen (nai)

 

 

Novembro quente,

maio xeado.

Alumno/a: Mario 4º

Transmisor/a: José Calvete Varela

 

 

Se en setembro comeza a chover,

outono seguro que é.

Alumno/a: Álex 4º

Transmisor/a: Ana Isabel (nai)

 

 

O verán de San Martiño

ou é grande ou pequeniño.

por San Martiño proba o teu viño,

polo San Andrés, neve nos pés.

Alumno/a: Uxía Corral Castro 5º

Transmisor/a: Begoña (nai)

 

 

Antes de San Martiño pan e viño,

e despois de San Martiño fame e frío.

Alumno/a: Claudia Cambón 2º

Transmisor/a: Mª Carmen (nai)

 

 

O verán de San Martiño é moi grande ou pequeniño.

Por San Martiño, home abre o teu viño.

Alumno/a: Alejandro Varela 2º

Transmisor/a: Manuel ( avó)

 

Outono quente, trae o demo no ventre.

En outubro non molesta o lume.

O sol de outono, mata ao seu dono.

Outono chegar, porco cebar.

Flores en outono, fame no ano novo.

Bo outono, ledicia do dono.

A horta de outono, mantén ao seu dono.

Alumno/a: Adrián Castro 6º

Transmisor/a: Adrián Castro

 

Novembro tronado malo para o pastor e peor para o gando.

Alumno/a: Adrián Blanco 6º

Transmisor/a: nai

 

 

Polo San Martiño

castañas e caldiño.

Alumno/a: Alejandra 4º

Transmisor/a: Pepe (amigo)

 

 

Fabas na eira

barbadas na Ribeira

Alumno/a: Alejandra 4º

Transmisor/a: Pepe (amigo)

 

O que non ten maña

non asa castaña.

Alumno/a: Alejandra 4º

Transmisor/a: Pepe (amigo)


 

*A berza en outono mata ao seu dono e a berza en xaneiro sabe a carneiro.

*Por San Martiño,

pan e viño

e de San Martiño en adiante

fame e frío (Matilde de Benjamí)  

*A todo porco lle chega o seu San Martiño

*A bogha en xaneiro sabe a carneiro e en abril sabe a pernil (Xeneroso de Blon, Malpica)

*Millo na eira, lamparón na caldeira.

*Por San Silvestre, os allos, nin na terra nin na restra.

*Por San Amaro, arrincar as cañotas do millo e comer a paleta.

Achegados pola alumna Clara Gacio Español e transmitidos por Rosa Moreira Domínguez (A Garda-Pontevedra)

 

*Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño.

*A castaña que está no camino é do veciño.

*Miña nai, dóeme a barriga; miña filla, confesión,

as castañas que comeches de que castiñeiro son?

Achegados polo alumno Manuel Suárez Varela e transmitidos pola súa avoa Manuela Caamaño V.

 

*Ata San Martiño pan e viño e despois fame e frío.

*O verán de San Martiño ou será grande ou será pequeniño.

Achegados polo alumno Alán Moscoso Faya e transmitidos pola súa avoa Almudena.

 

*Polo San Martiño, bebe o viño e deixa a auga para o muíño.

*Castañas, noves e viño, fan a delicia do San Martiño.

Achegados pola alumna Lara Souto Varela e transmitidos por Jesús, o seu pai.

 

*O verán de San Martiño, pode ser grande ou pequeniño

*En Santa Lucía, menguan as noites e crecen os días.

Achegados por Rubén Parga Baña e transmitidos pola súa avoa.

 

*Debaixo do lavadoiro, donde María lavaba, había un anillo dourado.

*Santa Margarita tiene encima de su corona un letrerito que pone: Muchacha viva tu honra!

Achegados polo alumno Alexandro Pena Cambre e transmitidos por María de Vigas.

 

*Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño.

*A todo porco lle chega o seu San Martiño.

*Polo San Martiño, andas as noces a roliño.

*O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.

*No mes dos mortos, mata os teus porcos.

*Dende Santos ó Nadal é inverno natural.

Achegados por Iván Blanco Fariña e transmitidos por Gustavo Blanco Velo.

 

 

 

 CANTIGAS

 

A castaña no ourizo

eu ben che sei o que fai:

se está verde, madura

e se está madura, cae.

Alumno/a: Álex 4º

Transmisor/a: Ana Isabel (nai)

 

 

Durmidiña nun ourizo

soñaba unha castaña

que bailaba unha muiñeira

sobre a tea dunha graña.

Alumno/a: Pablo 3º

Transmisor/a:

 

Outono bonito,follas no chan

castañas asadas que boas están.

Alumno/a: Marcos 5º

Trasmisor/a: Marcos

 

 

Nena que estás na ventana

coa punta do pano fóra

retírao para dentro

que o pano non me enamora.

 

 

-A que vés aquí Ramón?

-Eu aquí non veño a nada,

como son foliadeiro

veño a ver a foliada.

 

Se viras o que eu vin

quedabas abaneando

unha cadela con pitos

e unha galiña chorando.

 

O raposo está berrando

no alto de Camariñas

que lle leven os zapatos

que lle pican as espiñas

 

Toca miña pandeireta

senón eite de rachar

que me custaches os cartos

axúdamos a gañar.

 

Manualiño meu amor

Manualiño meu amor

vámola así levando

que o mundo é gañador.

 

Achegadas por Alexandro Pena Cambre e transmitidas por Esther Natividad Cambre Garrido (a nai)

 

Abexío de gaibotas

nunha manda de fiaño

bañeiros en calzoncillos

andan en Canido aos baños.

 

De D. Pedro Loureiro (Ex-alcalde e mestre do concello de Malpica). Achegadas por Clara Gacio Español)

 

Vinde para Buño neniños

que Buño é boa terra

Uh, uh, uh, uh

Fan santos de barro

que xa no nos fai calquera

Aila lalalala aila lalala

 

Achegada por Javier Facal Ceán e transmitida pola súa nai.

 

 

 

 RECEITAS

 

PAN DE NOCES

 

INGREDENTES:

1/2kg de noces pasas

100gr. de uvas pasas

2 ovos

Unhas gotas de coñac

1 sobre de levadura

1/2 vaso de aceite

350gr. de fariña

 

ELABORACIÓN:

Amásanse todos os ingredentes e déisanxe repousar unha hora, despois cócese no forno.

 

Alumno/a: Lara Lista 6º

Transmisor/a: Magdalena Ceán

 

 

CASTAÑAS EN ZUME DE LARANXA

 

INGREDENTES:

Castañas, auga, azucre e laranxas

ELABORACIÓN:

  1. Cócense as castañas, pélanse e déixanse secar.

  2. Prepárase o almibre.

  3. Mestúranse as castañas co almibre e consérvanse así ata a tempada que vén (todo o ano). Tamén se poden conxelar as castañas e vanse empregando segundo se precisen.

  4. Facemos zume coas laranxas e mesturámolo coas castañas antes de servilas.

Alumno/a: Noelia Novo 6º

 

 ADIVIÑAS

 

No aire se cría

no aire se ten

bota unha risada

e perde o que ten.

Alumno/a: Álex 4º

Transmisor/a: Ana Isabel (nai)

 

 

Voa sen ás

anda sen pés

dache na cara

e ti non o ves.

Alumno/a: Claudia Suárez 2º

Transmisor/a: Verónica (nai)

 

 

Polos altos do pousadeiro

anda unha nena co zoscadoiro

para zoscarlle ao vento nordés,

porque lle puxo o paraugas do revés

e mollouna todiña da cabeza aos pés.

Alumno/a: Claudia Suárez 2º

Transmisor/a: Verónica (nai)