Eleccións ao Consello Escolar

 Eleccións ao Consello Escolar 2010

 

  De conformidade co establecido na Resolución do 6 de setembro de 2010 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ( DOG do 24 ) , realizarase proximamente neste Centro Educativo a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da XUNTA ELECTORAL que se constituira a tal efecto, integrada por:

  • A directora do Centro Educativo.

  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai, nai ou titor legal.

  • Un representante do persoal de servizos.

Os tres últimos membros serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo celebrase no Centro educativo o día 29 de outubro, ás 13:00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que a Xunta Electoral do Centro irá facendo públicas.

Desde a dirección do Centro animamos a toda a comunidade educativa a participar  neste proceso electoral .

Teredes toda a información e documentación necesarias na secretaría do centro e nesta páxina web.

 

 

 

Acta sorteo Xunta Electoral      Candidatos do sector pais        Representantes electos