Skip to Content

Blog da Biblioteca

Día da Muller e a Nena na Ciencia

 

                                            

                                           https://www.youtube.com/watch?v=Hmxotkshn_0

 

 

Co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, a Caloteca propón unha actividade de coñecemento e recoñecemento  dalgunhas daquellas mulleres que romperon barreiras e destacaron nun mundo de homes e que pese aos  seus logros, na ciencia e tecnoloxía, en moitos casos foron inxustamente invisibilizadas. Una actividade para crear referentes que acheguen ás nenas ao mundo da ciencia e que podedes desenvolver consultando os libros seleccionados na biblioteca, ou on line coa Tabla Periódica das Científicas :

https://11defebrero.files.wordpress.com/2018/11/la-tabla-periocc81dica-de-las-cienticc81ficas-enlaces.pdf

                                                 

 Ademais a clase de 3ºA fixo un experimento científico, que as nenas explican neste video:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/thumbnails.php?album=112

 

Plantas purificadoras do aire

PLANTAS PURIFICADORAS DO AIRE

O curso pasado o Equipo da biblioteca e o grupo de 6ºA  fixeron un traballo sobre a outro elemento  do medioambiente a flora. Investigaron e descubriron un estudo da NASA sobre unha serie de plantas purificadoras do aire, que ademais de eliminar o CO tamén son capaces de eliminar o resto de substancias  nocivas presentes no aire. Na actualidade o aire das nosas casas encóntrase en peores condicións debido ao noso estilo de vida que fai que aparezan cada vez máis productos químico-sintéticos (plásticos, fibras sintéticas, madeiras aglomeradas, PVC, pinturas e barnices, disolventes... etc.) que liberan compostos orgánicos volateis, que dependendo da súa concentración poden afectar a saúde das persoas. Para coñecelas temos na Caloteca un xogo de parellas tipo memory coas fotos de algunhas destas plantas.
Este curso continuamos co proxecto e decidimos poñer plantas nas nosas aulas. Seleccionamos a  CINTA, unha das plantas con máis poder de purificación do aire (Poden reducir o formalheido, o xileno e o CO), máis resistentes e fáciles de coidar.
 
                                                      
 
É unha planta perenne de follas alongadas de cor verde conha banda branca, orixinaria de África.
Como planta de interior desenvólvese perfectamente nunha estancia ben iluminada pero sen exposición directa ao sol, cunha temperatura constante e nun ambiente non demasiado seco. O máis importante é manter un nivel de humidade constante, asi o rego nos meses frios será 1 á semana e nos meses cálidos 2 sen encharcar.
 
 
 
Moitísimas grazas apola súa  desinteresada 
 colaboración  co noso proxecto.
 
 
 
 

Imos contar un conto

 Antía, Gaía, Marta e Uxía de 5ºA  participaron na actividade  da Caloteca "Imos contar un conto",  debuxando os personaxes de  ¿A qué sabe la luna?, para que formen parte da biblio como  xogo-conto (no que cada quen pode ler e xogar manipulando os animais para contar a historia) O Equipo preparou o escenario do conto e realizou un video que podedes ver na galería de imaxes do centro.
 
 
 
 

Semana da Paz

Dende a  Caloteca conmemoramos o Día da Paz 
con lecturas, cancións, videos, xogos, "receitas" e símbolos de Paz.
Podedes ver unha pequena mostra na galeria de imaxes da web do centro
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Imos contar un conto

 A Caloteca presenta   Imos contar un conto  unha sección de contacontos en formato vídeo.

Empezamos cunha adaptación do conto de Guiles Andreae "Las jirafas no pueden bailar",

que a clase de primeiro preparou con moita ilusión.

Esperamos que vos guste!

Podedes visualizalo na galeria de imaxes 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=104&pid=3243#top_display_media

Robótica Educativa na Caloteca

 

A Caloteca pon a disposición do alumnado un novo recurso para a iniciación na robótica e na programació e o desenvolvemento de competencias xerais.  Estes pequenos robots fomentan o xogo e a creatividade, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e máis o razoamento lóxico. 

 

Día internacional da Infancia - Actividades da biblioteca

O 20 de novembro conmemoramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia 
 
                                          Neste enlace recóllense os dereitos da infancia                                       
 Actividades e recursos on line:
 
 
 
 

Contos e lecturas da biblioteca (10 novebro 2020)

Lectura de "El monstruo" por su autor, Daniel Martín

Cuento corto para niños Una feliz catástrofe

Cuento: ROSA CARAMELO

 

EL LIBRO DE LOS CERDOS - Cuento infantil animado - Los cuentos de Nico

NOVIDADES PARA LER

Xa están dispoñibles novos contos e libros na CALOTECA. Vinde botarlle un ollo!

SEMANA DA PRENSA

                                                               DSC02062.JPG

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut