Skip to Content

Blog da Biblioteca

Día da Discapacidade

 

Calicreando no Día da Discapacidade, o grupo de 3ºB realizou este video na clase de E.F.: 

Somos diferentes, ninguén é igual.

Diferentes na nosa forma de xogo pero iguais no noso dereito a xogar!

A actitude é o que nos fai capaces.

 

Podedes ver o video na galeria de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=3933#top_display_media

 

Calicreando o cartel conmemorativo

 

Ademais, na aula visualizaron uns videos da campaña de sensibilización sobre o tema da inclusión: Ninguén é normal e Un mar de cor.

 

 

25N Contra a Violencia

                     

O Departamento de Orientación e Caloteca  presentan unha exposición de murais

 "25 lemas para o 25" na conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero.

25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO – ALA (Asociación  Libre de Abogadas y Abogados) – Madrid

Na galería de imaxes podedes ver a exposición.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=3931#top_display_media

 

 

Día dos dereitos da infancia

                                    

 

 Calicreando o cartel da conmemoración do Día dos Dereitos da Infancia, que a clase de 1ºB desenvolveu coa axuda de Pocoyó.

https://www.unicef.es/noticia/pocoyo-y-los-derechos-de-los-ninos 

NOVIDADES

Calicreando ecosistemas 4ºA

Nenas e nenos da clase de 4ºA desenvolveron a súa creatividade creando estas orixinais composicións de ecosistemas, na área de ciencias naturais.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=3694#top_display_media

Día das Bibliotecas

                               

  Desfrutamos da nosa Caloteca no Día das Bibliotecas e sempre!

                                       

 

 

Nenos e nenas de 4ºA realizaron unha espontánea e divertida dramatización que podedes ver nestes videos:

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=3693#top_display_media 

 

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=3692#top_display_media

 

 

SAMAÍN

 

          

 

A clase de Anxos   prepárase para Samaín coa creación dun artístico escenario de terror  e  rétanos cunha adiviña de medo!!

 

    

               

 

 Desenvolveron unha pregunta inxeniosa como un xogo de palabras que podedes ver neste vídeo.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=3690#top_display_media

 

 

Día do Ensino

Conmemoramos o Día do Ensino co grupo de 3º B e o poema ao mestre de Gabriel Celaya. 

Desenvolvemos a expresión oral e a escrita, destacamos as palabras máis significativas para

nós, despois seleccionamos obxectos que atopamos no cole e asi compoñer o mura

l conmemorativo. Creamos o noso bodegón, fotografiamolo, engadimos outros

elementos dixitalmente, imprimímolo e  plastificámolo para expoñelo na ventá da Caloteca.

 

                                    

 

  Ademais grabamos un vdeo que colgamos na galeria de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=3689#top_display_media

 

                                          

CALICREANDO

 

                                       

 

 

Calicreando

É o nome do Proxecto Documental Integrado que este curso 2021-22 vaisdesenvolver dende a Caloteca, coa colaboración de todo o centro.

Básicamente trátase de que a biblioteca sexa un espazo concebido para que as persoas seconecten e creen, aberto a que oalumnado sexa o protagonista, o responsable de crear, inventar aprender. 

A biblioteca propicia este encontro, colaboración e asunción do reto ofertando  espazosequipos ferramentas necesarias para levar a cabo o proxecto así como o seu papel asesor e de guía ao longo do mesmoIgualmente as actividades poderanse desenvolver nas aulas e a biblioteca xestionará o préstamo dos recursos necesarios ás mesmas.

Sendo a creatividade (capacidade para inventar ou crear) un tema tan amplo pódese desenvolver calquera actividade de ámbito escolar, que posteriormente rexistraremos (con fotos ou videos) e compartiremos no blogue da biblioteca, da páxina web do centro.

Estas actividades vanse vertebrar ao redor de diferentes conmemoracións.

 

Visita de Vero Boquete

                                                       Había una vez unha nena que conseguiu o seu soño... 

                                                              Vero Boquete<br />

                                                                              Vero Boquete futbolista profesional

 

O pasado mércores 9 de xuño tivemos o privilexio de contar coa presencia dunha das mellores futbolistas do mundo Vero Boquete, pioneira no futbol español e  loitadora pola igualdade no fútbol.

Desfrutamos da compañía dunha grande futbolista e tamén dunha grande persoa cun corazón enorme, cariñosa, cercana, accesible, carismática, loitadora, tenaz e cos pés na terra. Agradecida coa vida na que pelexou moito para vencer moitas barreiras.

Para a ocasión fixemos un mural e uns debuxos, entregámoslle os marcapáxinas que fixemos coa súa imaxe e  tamén regalámoslle un polbo de moitas cores.

Temos que agradecer a Ana, mamá de Lucía 1ºA, a súa colaboración para facer posible este encontro e por suposto a Vero Boquete!!

                                                                                  

 

Non poidemos ver os seus sorrisos debaixo das máscaras, pero víamolos no brillo dos seus ollos.

Unha visita que quedará na memoria e no corazón de nenas, nenos e profesorado. O curso 2020-21 será recordado como o de Vero Boquete.

Podedes ver as fotos na galería de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=122&pid=3688#top_display_media

 

Distribuir contido


by Dr. Radut