Skip to Content

Blog da Biblioteca

LETRAS GALEGAS

        

Calicreando na semana das Letras Galegas coa clase de 5ºB.

O grupo investigou sobre esta celebración, sobre o escritor homenaxeado este ano Florencio Delgado Gurriarán e sobre a súa obra.

Elixiron un fermoso poema para realizar unha actividade multidisciplinar combinando a lectura do poema e a escritura dos versos en CDs de reciclaxe, a artística coa creación de imaxes a partir dos versos e as novas tecnoloxías coa aplicación cromakey, realizando un traballo cooperativo.

Posteriormente os CDs utilizáronse para xogar á busca do tesouro, "dos versos perdidos" que cada quen escondeu no patio para que a clase de 1ºA os atopara. Todos oa CDs atopados quedaron a disposición da clase de 3ºB que se encargou de ordear e colocar os versos no mural e de ler o poema.

 

        

 

O video está na galería de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4676

 

ALFIN

O Equipo de Biblioteca elaborou para  2º e 3º ciclo, unhas guias ALFIN (Alfabetización Informacional): consellos para buscar en internet, netiqueta e claves para facer un traballo de investigación. 

    

                      

                              Esperamos que vos sexan de ayuda!

 

 

Día da Danza

                 

Conmemórase o Día da Danza coa finalidade de atraer a atención sobre a arte da danza en todas as súas manifestacións e superar todo tipo de barreiras culturais, políticas, éticas... unindo as persoas na paz e a amizade cunha linguaxe común, unha forma de expresión corporal universal: a danza.

O grupo de 4ºB preséntanos unha experiencia de improvisación  corporal e un xogo de pasos de invención propia, para desenvolver un proxecto expresivo común aberto onde a imaxinación, a creatividade e a diversión son o obxectivo principal para crear esta animada montaxe audiovisual.

           

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=126&pid=4588#top_display_media

 

Os grupos de 5º e 6º presentános a súa coreografía:

Día da Danza 5A:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4615

 

Día da Danza 5B:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4616

 

Día da Danza 6A:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4617

 

Día da Danza 6B:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4618

 

 Día da Danza 6C:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4619

 

DÍA DA TERRA

                       

                                            Día da Terra e reciclaxe

                            Libros, xogos e iniciación a robótica.

                      

 

 

 

 

A profe Marisol preparou unha actividade para sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe.

                                  

  

 

Co alumnado de infantil desenvolveu unha serie de divertidas actividades para aprender a coidar o planeta, a nosa  terra reflexionando sobre a importancia da reciclaxe dos residuos.

 Dende a área de psicomotricidade adentrámonos cos nenos e nenas da etapa de educación infantil no mundo da robótica. Querendo mostrar así, que se poden aunar varias perspectivas como vai a ser o coidado do medio ambiente, conmemorando o “Día da terra” 22 de abril, onde o alumnado adquirirá conciencia ecolóxica a través da importancia da reciclaxe. Para levala a cabo tivemos en conta 3 elementos :

Os contos:

Como fío conductor, coa colaboración da mestra de infantil Cristina, introduciu o conto

La rana de tres ojos”.Onde contase a historia dunha ra a cal crece nun lugar contaminado. Pronto descobre que quere cambiar as cousas. Pero non o fará sola, buscará soluciones comúns para resolvelo.

Ademais deste conto traballado nas aulas previamente coa mestra de infantil, na sesión de psicomotricidade, repasamos as distintas cores que corresponden os containers de reciclaxe a través de títulos como:

O xogo:

Co xogo da “Pilla basurilla”, dous nenos/as atrapaban o lixo, levando un churro identificativo na man debían perseguir ao resto de “basurillas”. Os que escapaban, levaron unha peza de lego na man representando as cores amarela, verde , e azul. Cada vez que eran pillados, tiñan que meterse na “planta recicladora de lixo” no seu container correspondente, delimitado pola corda da mesma cor da súa peza. Iranse intercambiando os roles.

A robótica:

 

Aproveitaremos para traballar o sentido do espazo da súa área cognitiva, co traballo dos eixes adiante/atrás, dereita/esquerda. Onde un robot interactivo de chan, desprazábase por unha planilla cuadriculada con diferentes “Containers” dispostos coas cores do reciclaxe. O robot a través de programalo os rapaces tiña que levar os diferentes elementos de lixo o seu container correspondente.

 Por último pechamos o ciclo de actividades trasladando o aprendido a realidade, saindo a mestra Cristina a realizar unha batida de recollida de lixo, polo patio escolar onde posteriormente se reciclaba ao contenedor correspondente.

Podedes ver o video na galeria de imaxes:

             

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4579

 

 

 

 

 

 

         

 

 

 

 

 

CONTACONTOS

                  

 

 

Estreamos a programación de contacontos, unha actividade educativa de fomento da lectura que ten unha grande acollida e coa que se desfruta moito.

O grupo que desenvolve e anima o evento está formado polo alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria, que coa súa frescura e espontaneidade involucrarán aos grupos de infantil e primer ciclo de primaria creando unha morea de emocións e sensacións que seguro farán da lectura unha das súas afeccións favoritas.

 Algunhas actuacións:

 

                                 

 

 

                          

 

 

                         

 

                                         

 

Moitísimas grazas polo voso entusiasmo e colaboración!!!!!!         

 

        

 

SEMENTANDO LIBROS

Empezamos a semana SEMENTANDO LIBROS, unha actividade proposta pola Bibliooteca co gallo do Día do Libro.

 

Trátase de "sementar", deixar as fichas que plasman a portada dun libro e unha frase suxerente da obra no patio, no parque, na parada do bus, nunha tenda... onde queirades. A finalidade é desfrutar coa sembra, tamén que a xente que atope "as sementes" sinta curiosidade e as  lea. Esperamos unha boa colleita de lectores e lectoras!

 

                

 

                              Video da sementa:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4587 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS DE MESA

              Temos unha morea de novos xogos para compartir

e desfrutar xogando!

 

Día do Cómic

Este ano 2022 incorporóuse unha nova efeméride,

5 de marzo Día do Cómic.

Este formato fai que moitos nenos e nenas a quen lles costa empezar a ler, apoiandose na ilustración, empecen a engancharse na lectura. 

Na Caloteca sabémolo ben, polo que xa levamos tempo incorporando a banda deseñada aos nosos andeis. Este curso na renovación anual de fondos, aumentouse considereblemente o número de obras deste tipo e temos unha estantería enteira adicada ao cómic!

 

 

 

 

Ademais para a conmemoración  "Mes do Libro" poñemos a vosa disposición unha adaptación, en banda deseñada, da obra de D. Miguel de Cervantes  Don Quijote de la Mancha.

 

 

 

 

DÍA DA AUGA

        

Calicreando no Día da Terra e da Auga coa clase de Ana Infantil 4 anos.

       

Neste video podedes ver os seus traballos:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4425Podedes ver o video d

 

Ademais tamén podedes desfrutar da súa adaptación do conto Unha escola nas nubes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=4426

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut