PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva "GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE")

Proxecto de vida activa e deportiva, que xa levamos varios cursos traballando e que ten como obxectivos principais: - mellorar a calidade de vida do alumnado, co fomento de actividades físicas e saudables de toda a comunidade educativa. - Loitar contra o sedentarismo, creando hábitos de que perduren fora do centro escolar a ao longo de toda a vida.

ACROSPORT NA CLASE DE SEXTO

O alumnado de sexto está traballando actividades ximnásticas durante a unidade didáctica do terceiro trimestre sobre o "Acrosport". Sen dúbida uns verdadeiros artistas moi creativos.

MONTE VIVO NAS CLASES DE 5º E 6º

As clases de 5º e 6º están traballando diferentes contidos relacionados coa natureza. Esta semana recibiron a visita do grupo de Monte Vivo.

O XARDÍN DOS SENTIDOS

 

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo comezaron a traballar no seu “Xardín dos Sentidos”. Están a plantar diferentes plantas aromáticas, diferentes aromas que nos axudan a enriquecer e desenvolver os nosos sentidos.

A PELOTA DA RESPIRACIÓN

Esta pelota máxica da relaxación xa forma parte da nosa clase; cando os alumnos e alumnas de primeiro o necesitan, como medio da xestión das súas emocións, a utilizan, ademais de practicar na aula.

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS - VILALBA 2017

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS - VILALBA 2017

O EQUIPO ALEVÍN FEMININO TRAS CHEGAR A META NAS INSTALACIÓN DEPORTIVAS "A MAGDALENA" DE VILALBA

Distribuir contido