PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva "GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE")

Proxecto de vida activa e deportiva, que xa levamos varios cursos traballando e que ten como obxectivos principais: - mellorar a calidade de vida do alumnado, co fomento de actividades físicas e saudables de toda a comunidade educativa. - Loitar contra o sedentarismo, creando hábitos de que perduren fora do centro escolar a ao longo de toda a vida.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2018

O próximo martes 23 de xaneiro, alumnado da nosa escola participará no Campionato Provincial de Campo a través na localidade de Portas (Pontevedra) no circuito da Azucreira. A xornada será en horario matinal.

Polo noso colexio hai 10 alumn@s clasificados:

MAGOSTO 2017

MAGOSTO 2017

Este ano organizamos a festa do magosto por primeira vez no recinto de primaria. A xornada comezou primeiro cuns obradoiros de xogos populares polos cales foron pasando os diferentes equipos de nen@s (petanca, carreira de sacos, construccóns de carozos, busca de tesouros, ...).

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 2017/2018

Campionato zonal de campo a través 2017/2018.

O próximo sábado 18 de novembro vaise celebrar esta proba deportiva escolar. Este ano sera no concello de Salceda de Caselas, en concreto na parroquia de Soutelo que atopase a carón de Guillarei.

Os diferentes recorridos serán nas instalacións do Borralliño. Pode participar o alumnado que o desexe desde segundo ata sexto de primaria.

As distancias aproximadas son as seguintes:

- 600 metros, categoría Benxamín (Segundo e Terceiro curso).

- 1.000 metros, categoría Alevín Fem. (Cuarto e Quinto curso).

EDUCACIÓN VIARIA NO COLE

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Presentación da Aloiada 2017 no Concello de Tui

Onte presentouse no Concello de Tui a Aloiada 2017, na que van participar máis de 170 nen@ de 6 colexios tudenses, entre os cales esta a nosa escola CEIP DE GUILLAREI.

Sen dúbida vai ser unha gran experiencia para practicar deportes e actividades no medio natural como escalada, hípica, orientación, ... nos Montes Galiñeiro, Aloia e no río Miño.

Iniciación a Orientación deportiva no cole

Hoxe pola mañá o grupo de sexto participou na primeira carreira de orientación deportiva na nosa escola.

Aprenderon a orientarse cun mapa/croquis das instalacións do cole, o uso de compás, buscar balizas e manipular unha tarxeta de control.

Iniciación o piragüismo no río Miño

Onte as clases de quinto e sexto de primaria desfrutaron toda a mañá dunha xornada de iniciación ao piragúismo no Miño. Sen dubida unha boa experiencia.

Agradecer ao Concello de Tui e a os monitores Jose Luis Bouza, Sito e Potri do clube de piragüismo de Tui pola súa paciencia e disposición, moitas grazas e sorte.

DERRADEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN VIARIA NO RECREO

O pasado luns día 29 participamos na 4ª e derradeira sesión de educación viaria no pavillón do colexio, polo tanto xa NON hai que traer as bicicletas durante este curso.

Distribuir contido