PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva "GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE")

Proxecto de vida activa e deportiva, que xa levamos varios cursos traballando e que ten como obxectivos principais: - mellorar a calidade de vida do alumnado, co fomento de actividades físicas e saudables de toda a comunidade educativa. - Loitar contra o sedentarismo, creando hábitos de que perduren fora do centro escolar a ao longo de toda a vida.

Promocións deportivas: Balonmán, Remo e Judo na escola.

 

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS NA NOSA ESCOLA

Durante o mes de setembro  o alumnado de educación infantil e primaria do noso colexio participo nas promocións deportivas de balonmán, remo e judo.

As 3 modalidades convidan a probar os seus deportes de xeito gratuito, ademais o Club Atletismo Thermalia-Tui nos informa que o que queira coñecer o seu club pode pasar os martes e xoves polas instalacións deportivas da Macoca en Pazos de Reis.

Moitas grazas a estes clubs deportivos e os monitores (Josu e María de Balonmán, Sonia e Diego de Remo e David, Solla e Carmen de Judo) por darlle a oportunidade o noso alumnado de coñecer as vosas modalidades.

A continuación poden ver un exemplo do ben co pasaron nas seguintes imaxes.

 

Novo curso 2018/2019

Benvidos a tod@s a este novo curso 2018/2019.

Un ano máis o equipo de mestr@s do deporte escolar do Ceip Plurilíngüe de Guillarei ponse a traballar co Proxecto Deportivo de Centro "Guillarei Activo e Saudable".

Este ano o equipo o forman os seguintes mestr@s: Concepción Rodríguez (representa a Ed. Infantil), Mª del Pilar Durán (representa a 1º ciclo), Fernando Domínguez (coordina e representa a 2º ciclo) e Ana Mª Castillo (representa a 3º ciclo).

En breve iremos informando das novidades e actividades deportivas propostas.

Un saúdo e recorda fai deporte e come leva unha alimentación equilibrada.

Festival fin de curso 2017-18

Baile final 

Sesións da maquillaxe previas ao festival

A continuación podedes un vídeo da primeira parte do festival de fin de curso 2018 que estivo relacionado coas actividades ximnásticas e circenses.

 

aquí

Elástico e Magnífico

 

ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2018

O alumnado de 5º de educación primaria proclamouse CAMPIÓN de Atletismo en Pista na Macoca.
 
O pasado més de marzo celebrouse nas instalacións da Macoca en Pazos de Reis (Tui) a proba zonal de Atletismo en pista para o alumnado de 5º curso dos diferentes colexios da zona. A xornada comezou coas probas de lanzamentos de vortex, peso e as series de velocidade. A continuación tocoulle a quenda a salto de lonxitude e as series de Resistencia, por último pudemos desfrutar dunhas emocionantes series de relevos 4 x 100 metros en equipos.
Destacar o fantástico ambiente deportivo, o esforzo e o afán de superación que demostraron tod@s os nen@s por mellorar e facelo o mellor posible, e AGRUDEBAM que unha vez máis organizaron todo de xeito excelente.
En canto aos resultados acadados temos que felicitar o alumnado de 5º polo primeiro posto acadado con 91 puntos sumados entre os dous equipos que levamos, superando por moi pouca diferenza a outros colexios con 3 equipos, como Randufe que conseguiu 90 puntos.
Nuria e Tati conseguiron gañar as súas series en salto de lonxitude, Laura quedou primeira en resistencia (500 metros), en velocidade (Mayra e Youssef) quedaron segundos nas súas series, Lucas obtivo un primeiro posto en lanzamento de vortex e nas carreiras de relevos en equipo acadamos outro primeiro e segundo posto nas nosas series.
Moitos parabéns a tod@s e a seguir practicando deporte con ilusión.

Carreira Popular en Porriño "Interrunning 2018"

Animamos a todo o alumnado e familias a participar nesta proba deportiva o día 18 de marzo en Porriño. Hai carreiras para nen@s dende 3 anos ata adultos. Máis información en www.championchipnorte.com.

O alumnado que queira participar representando ao colexio debe avisar para levar a equipación deportiva.

Solicitude do "Selo de vida saudable" en centros educativos activos

Por segundo ano consecutivo a nosa escola vai solicitar este distintivo nacional que premia aos centros educativos que estan traballando e intentando fomentar os hábitos saudables relacionados coa vida activa e alimentación saudable.

Clasificados para a Fase Final do Baixo Miño de Bádminton

A nosa escola vai estar representada na fase final de Bádminton a celebrar o mércores 21 de febreiro en Tomiño no Pavillón da Carballa.

Os clasificados son: 

Uxía (Benxamín Fem.- Cuarto curso)

Brian Glez. (Alevín Masc.- Sexto curso)

Yamile (Infantil Fem. -Sexto curso)

Saúl (Infantil Masc.- Sexto curso)

Moitos parabéns a tod@s.

Campionato Galego de Campo a Través 2018

O próximo sábado 17  na praia de Cabío na Pobra do Caramiñal, Daniel  Álvarez Dguez. alumno de sexto curso vai representar ao noso colexio xuntos aos mellores atletas galegos na categoría infantil.

Moita sorte para este campión do CEIP DE GUILLAREI. Forza Dani.

Patios activos "Xogando no recreo"

 

Os xoves tocan xogos populares, os birlos, o xogo do aro, a goma, hula hop, petanca, os zancos, as tabas, ...

O EQUIPO DE CAMPO A TRAVÉS DO COLEXIO NO SUPLEMENTO "CAMPEONES" DO FARO DE VIGO

O mércores 31 de xaneiro do 2018, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", sacou un artigo relacionado co noso alumnado que participa en Campo a Través, destacando ao equipo Alevín Feminino, reciente campión Provincial en Portas e os premios individuais de Ainara Rguez, Laura Ramírez e Daniel Álvarez nas súas categorías.

PANEL INFORMATIVO DO PROXECTO

Neste panel se informa das diferentes actividades e probas deportivas relacionadas co PDC, así como dos diferentes programas que se levan adiante durante o curso.

1- DEPORTE ESCOLAR "XOGADE"

2- PATIOS ACTIVOS

Distribuir contido