Actividades no medio natural

O CEIP DE GUILLAREI VIAXA Á NEVE

O próximo martes 26 de febreiro e ata o venres 1 de marzo, un grupo de 20 alumnos dos cursos de sexto e quinto de educación primaria e 5 acompañantes van a viaxar a estación de esquí leonesa de Leitariegos no val de Laciana (León).

Esta estación de montaña ubicase na cordilleira cantábrica, nos Picos de Europa moi pretiño do parque natural de Somiedo e Muniellos.

Disfrutarán durante 4 días de varias actividades, tendo como principal á iniciación ao "esquí alpino" con clases con monitores da escola oficial de esquí de Narcea.

Ademais hai previstas outras sorpresas que nos terán preparado os monitores da empresa Ayuko Aventura como trineos, etc.

Xa queda pouco para ir informándovos.

Aloiada 2018

Nesta edición da Aloiada participamos 8 centros de Tui con máis de 200 nenos e nenas. Disfrutamos de diversos obradoiros e actividades deportivas, o que  lles serviu tamén para convivir e coñecer aos futuros compañeiros cos que en pouco tempo se atoparán na Educación Secundaria.

 

Deixámosvos cunha morea de fotos e vídeos desta experiencia.

Para acceder premede na imaxe de abaixo.

 

Aloiada 2018

 

Un saúdo e bo verán!

Aloiada 2018

O próximo xoves 14 e venres 15 de xuño o alumnado de sexto curso e varios mestr@s do cole van participar na Aloiada 2018  con outros 7 colexios de Tui.

Van ser duas xornadas de convivencia e actividades no medio natural do parque natural do monte Aloia, Galiñeiro e río Miño.

Distribuir contido