galego

POEMAS PARA O MAIO 2018

POEMAS PARA O MAIO 2018

Durante toda esta semana os alumnos e alumnas do CEIP Gándara Sofán nos preparamos para a celebración de OS MAIOS e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Agunhas clases seleccionaron poemas tradicionais sobre o maio, primavera e as fermosas flores que saen neste tempo; mentres que os maiores creamos os nosos propios poemas sobre o tema.

FELICITAMOS OS ANIVERSARIOS CANTANDO EN GALEGO

Dende o concello de Carballo, e máis exactamente dende a Mesa para a Normalización Lingüística do mesmo, propuxéronnos ao centro que empregaramos un tema en galego interpretado polo Coro Vagalume de Carballo para celebrar os aniversarios.

E nós, vendo que está moi ben feito e é moi interesante, queriamos compartilo con todas as familias para que tamén vós nas casas o escoitedes e celebredes con el os aniversarios dos vosos seres queridos.

Pinchade aquí e poderédelo ver e escoitar.