corentena

ADAPTACIÓNS MUSICAIS DE POEMAS DE CARVALHO CALERO

Seguimos achegándonos na distancia con outros colexios, esta vez co CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño, que nos mostran unhas adaptacións de poemas de Carvalho Calero:

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO

Video homenaxe ilustrada do colexio de San Pío X (Ourense)

TELEXORNAL SOBRE CARVALHO CALERO

Malia o adiamento das iniciativas propostas pola RAG e a suspensión das aulas pola crise do COVID - 19, os centros de ensino continúan coa súa actividade dende as casas.

Durante esta semana, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, compartiremos con vos estas iniciativas.

Aquí podedes ver o telexornal adicado á Carvalho Calero, elaborado polo CPI dos Dice (Rois):

DESDE A MIÑA CASIÑA MEU LAR

Dende a Concellaría de Cultura do Concello de Carballo, propóñennos a todos os cidadáns para conmemorar o Día das Letras Galegas, que publiquemos un vídeo en Instagram co hastag #desdeamiñacasiñameular. Podedes ver máis información en @carballomola.

XENTE CONFINADA

Versión confinada e en directo de "Xente" un tema de Gaudi Galego que fala da xente.

DO POBO E PARA O POBO

"A cultura galega está viva grazas ós artistas pero tamén grazas ó pobo que a apoia e valora. Por iso, xa que non nos podemos atopar nos palcos, traemos esta canción dende as nosas casas ata as vosas"

Versión de "Terra" por Daquidarría e outros grupos galegos.

TERRA DE LOITADORES

GALIZA TERRA DE LOITADORES!

VEÑA, A CANTAR E BAILAR!

Mekanika Rolling Band & Susana Seivane - Terra de Loitadores

NA PROCURA DOS OVOS MÁXICOS

"Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de vacacións.

Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este divertimento para ti."

UN PASEO POLA MÚSICA DE GALICIA

Carlos López Abraira preséntanos unha páxina que nos leva de paseo pola música de Galicia. Historia, música tradicional, o folk, o pop ou o rock son algúns dos elementos que atoparedes. Contén textos, imaxes, audios e actividades que nos guiarán neste interesante paseo virtual pola música de Galicia.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/14...

ENREGUÉIFATE

CERTAME ENREGUÉIFATE 2020

Dende o 23 de marzo ata o 29 de maio está aberto o prazo para participar.

https://enregueifate.gal/edicion-2020/