Recursos didácticos
Estamos a piques de celebrar o Samaín e na aula de 4 anos xa comezan a chegar as primeiras cabazas e basoiras!!
A MOITOS DE NÓS INDA NOS CUSTA FACER DETERMINADAS ACTIVIDADES QUE ESIXEN MOVEMENTOS ESPECÍFICOS DE MANS E DEDOS. POR ISO ESTAMOS FACENDO DIFERENTES ACTIVIDADES DE ENSARTAR, APILAR, ATORNILLAR... PARA TRABALLAR A MOTRICIDADE FINA.
AQUÍ VOS ENSINAMOS UNHA DESAS ACTIVIDADES BEN SINXELAS PERO COA QUE GAÑAMOS MOITA PRECISIÓN NAS NOSAS MANS. PODÉMOLO FACER NAS NOSAS CASAS CON COUSIÑAS PARECIDAS!! ANIMÁDEVOS!!
Na aula de 5 anos continuamos coa lectura compartida. A nós encántanos ler contos os uns aos outros e desta vez Iker foi o encargado de lernos un contiño.
Fíxoo moi ben e agradecémosllo moito!
Como sabedes este primeiro trimestre as aula de infantil están a traballar os animais dende o ámbito da bioloxía. A aula de 3 anos está a traballar o lobo, a aula de 4 anos a balea, e a de 5 o elefante.
Xuntámonos tódalas aulas de infantil para coñecer o hátibat dos animais que estamos estudiando, e para isto subimos á sala de música onde presentamos os animais a través de contos e videos. Tamén aproveitamos o encerado dixital para ver imaxes de distintos hábitats e reflexionar entre todos onde vivian cada un dos animais traballados e deste xeito asociar animal e hábitat.
Foi unha actividade moi dinámica e entretida.
Aqui tendes o loboooo!!. que o presentamos a través do video dos tres porquiños e o lobo!
E agora a balea Marina que foi presentada a traves dun conto!
ESTA SEMANA FORON ALBA E LUISMA OS QUE NOS QUIXERON LER UN CONTO A TOD@S @S DA CLASE DAS ESTRELAS.
GRAZAS!!
ESPERAMOS QUE XA VIRADES O CONTO DE ELMER E QUE VOS GUSTARA MOITO.
A NÓS ENCÁNTANOS!!!
SABEMOS DE MEMORIA AS SÚAS NOVE CORES, SABEMOS QUE É UN MAMÍFERO, SABEMOS QUEN O ESCRIBIU, EN QUE CADRO SE BASEARON PARA FACELO TAN BONITO E... POUCO A POUCO IREMOS SABENDO MOITAS MÁIS COUSIÑAS DOS ELEFANTES!!
MIRADE ALGUNHAS FOTOS DE COMO IMOS TRABALLANDO NA CLASE, NO MURAL E NOS LIBRIÑOS QUE ESTAMOS FACENDO POUCO A POUCO PARA LEVAR PARA A CASA!!!
COLOREAMOS O NOSO ELMER!
DESTA VEZ FORON CARLOS E MARTINA OS QUE NOS QUIXERON LER UN CONTIÑO!
ELIXIRON UN BEN BONITIÑO DE MICA E DO PARRULO.
E FIXÉRONO MOI BEN!!
GRAZAS COMPAÑEIROS!!
PRESENTOVOS A ELENA A CURMÁN DE MARINA, A NOSA PROTAGONISTA DE AULA ESTE TRIMESTRE.
SE PINCHADES NA IMAXE PODEREDES VER O VIDEO DE ELENA.
Na clase de 3 anos, estamos traballando o lobo.
Neste enlace podedes ver e escoitar o conto do que partimos para traballar este animal.
Premede para ver.
Deste vez foi Irene a que nos quixo ler un contiño!!
Asegúrovos que o fixo moi ben!!
Grazas Irene!!