Recursos didácticos

O MAGOSTO. 4 ANOS.

 

Para a celebración do magosto fixemos unhas caixiñas moi xeitosas que empregamos para levar as castañas!!.

Pero o mellor de todo foi a degustación posterior das castañas!!

 

NA CLASE DE 3 ANOS SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS DOS LOBOS

Os nenos de 3 anos seguimos investigando cousas do lobo, aprendemos que viven no bosque e estivemos facendo un mural e algunhas manualidades. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLAMOS A LETRA "M" EN 5 ANOS

CONTINUANDO COA INTENCIÓN DE MOSTRAR ÁS FAMILIAS O NOSO TRABALLO DIARIO, ÍMOSVOS ENSINAR UNHA ACTIVIDADE QUE ACOSTUMAMOS A FACER CADA VEZ QUE PRESENTAMOS UNHA NOVA LETRA. PRACTICAMOS A FACELA TODOS XUNTOS E POR QUENDAS NO ENCERADO DIXITAL.

DESTA VEZ TOCÁBANOS A LETRA "m" E MIRADE QUE BEN NOS VAI SAINDO...!!

 

 

LECTURA COMPARTIDA EN 5 ANOS

NON DEIXAMOS DE LADO A LECTURA NA CLASE DE 5 ANOS. ESTAMOS INTENTANDO ESTABLECELO COMO RUTINA DE CLASE E PARECE QUE ESTÁ TENDO MOITO ÉXITO!!!

ANIMÁDEVOS A LER COS NENOS/AS NA CASA E... SOBRE TODO, QUE SEXAN ELES/AS OS QUE VOS LEAN!!

DESTA VEZ FOI LAURA RODRÍGUEZ A QUE NOS SORPRENDEU COS SEUS GRANDES AVANCES NA LECTURA! NORABOA LAURA! E GRAZAS!

 

PREMIO A CABAZA MÁIS ORIXINAL

Este ano o premio á cabaza máis orixinal foi para infantil!!.

Moitas felicidades a Alba que foi a gañadora da "cabaza máis orixinal"

Outras categorías premiadas foron:  cabaza máis ecolóxica,  máis terrorífica,  máis científica e  vasoira máis orixinal.

Felicidades a tódolos premiados!!

 

DISFRACES DO SAMAÍN. AULA DE 4 ANOS.

Celebramos o Samaín na escola e todos estábamos terrorificamente .....GUAPOS!!!

 

CUMPLES DO MES DE OUTUBRO

 

Bos dias familias!. Este mes de outubro celebraron o cumple o noso Carlos de 4 anos e Helena de 5 anos!!. Aquí vos deixamos unhas fotos dese dia tan especial. Disfrutamos das tartas, dos regaliños...e tamén o pasamos moi ben despois no baile!!

Moitas felicidades para Carlos e Helena!

 

 

O ELEFANTE ELMER CON MATERIAL DE REFUGALLO

 

NA CLASE DE 5 ANOS SEGUIMOS TRABALLANDO EN RELACIÓN AOS ELEFANTES.

DESTA VEZ, E GRACIAS Á AXUDA DAS FAMILIAS, FIXEMOS AO ELEFANTE ELMER CON BOTELLAS.

O QUE NECESITAMOS FOI SIMPLEMENTE BOTELLAS CON ASAS LATERAIS E GOMETS DAS CORES DE ELMER.

 

A PROFE (COA AXUDA DOUTROS MESTRES/AS) CORTOU AS BOTELLAS AO MEDIO E DEULLE A FORMA DAS CATRO PATAS E DO RABO. COA PROPIA ASA XA QUEDOU DEFINIDA A TROMPA.

 

LECTURA COMPARTIDA EN 5 ANOS

Xa ben avanzado o primeiro trimestre, seguimos coa lectura compartida. Os últimos que o fixeron foron Ismael e Laura García. Fixérono moi ben! Así que temos que seguir avanzando a grandes pasos na velocidade e comprensión lectora... Ánimo!!

Grazas!!

 

 

VISTIA DUN CIENTÍFICO EN INFANTIL. O SISTEMA DIXESTIVO.

 

 

Coa visita deste científico aprendemos moitas cousas do noso sistema dixestivo!. Tamén sabemos que o lobo, o elefante e a balea son mamíferos e teñen un sistema dixestivo similar ó noso. Ó longo do mes de novembro iremos aplicando o aprendido co científico ó sistema dixestivo destes animais. 

O científico trouxo consigo un robot chamado Robi que nos foi explicando como é a nosa dixestión. 

 O proceso dixestivo comeza na boca, cando comemos e masticamos os alimentos mesturados coa saliva. 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design