A VOLTAS COS NÚMEROS NA CLASE DE 3 ANOS...

Entre outras moitas actividades, na clase de 3 anos seguimos a voltas cos números.


Desta vez fixemos un gran número 3 que coloreamos con pinceis para coñecer a súa "grafía" e traballamos a correspondecia do número con obxectos ou nenos/as agrupándoos, clasificándoos...


 


Na casa tamén podedes traballar os conceptos numéricos cos peques axudándovos de xogos como "A Oca", o "Dominó de puntiños" ou calquera outra actividade que a vós se vos ocorra.


Na web tamén hai actividades moi interesantes para que eles traballen (na tablet ou móvil). Mirade un par de exemplos pinchando nestes debuxos... 


   


Estes son só dous exemplos, pero na web atoparedes centos de opcións... animámosvos a xogar con eles/as!!!


 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design