DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

No ano 2015, outorgóuselle o Premio Nobel da Paz á "Sociedade Civil de Túnez" por ter acadado un estado democrático sen sufrir unha guerra.

Polo tanto, nós no centro, fixémoslle unha homenaxe coincidindo co "Día Internacional da Paz e da non violencia".

Entre todos os nenos e nenas do colexio, aportamos información sobre os costumes, alimentación, vestimenta, música, xogos tradicionais, moeda, datos xeográficos, etc de Túnez. Fixemos unha recompilación e recollimos todo no Taboleiro da Lingua.

Mirade o resultado do gran traballo de indagación que todos e todas fixeron!!