NADAL (4 ANOS)

Agora xa só faltan un par de días para que veña Papá Noel! Na aula das tartarugas (4 anos) estivemos contando os días para a súa chegada (anotándoos no noso calendario de advento). O Día 1 de decembro recibimos a visita dun Elfo moi especial (o que chamamos Picachu) que todas as noites viaxaba a xunto de Papá Noel para dicirlle que tal nos portabamos e cada día nos traía unha serie de probas que tiñamos que superar. (bailar o burrito sabanero, pensar unha adiviña...) e algúns xogos que empregamos en varias ocasións:

- Un puzle que consistía en unir a grafía do número coa cantidade correspondete (neste caso de elemendos do Nadal, bolas, renos...).

- Imaxes para facer series (por exemplo, árbore-regalo-árbore-regalo).

- Uns paos de madeira que tiñamos que ordear númericamente para que nos saíse unha imaxe navideña, como un calcetín ou un gorro de Papá Noel.

- Un dominó navideño

Aquí vos deixamos a mostra fotográfica xogando con eles:

 Algunhas actividades que nos propuxo Picachu no último día de clase antes das vacación de Nadal foron: 

- Formar palabras relacionadas co Nadal con letras móviles ou escribilas na pizarra.

- Traballar a direccionalidade, colocando debaixo das frechas correspondente aos Reis Magos segundo a dirección á que estaban mirando (esquerda, fronte, dereita)

Por suposto, como non podía ser doutra maneira, antes das vacacións tamén desfrutamos dunha merenda un pouco diferente, o reno Rodolfo (o cal fixemos con galletas e outras cousiñas). 

E nos despedimos de Picachu, xa que ten que axúdarlle a Papá Noel a repartir os regalos na Noiteboa e non o imos ver ata o próximo Nadal. Botarémolo moito de menos!

 

No segundo trimestre agardánnos máis aventuras, mentres tanto a desfrutar das merecidas vacacións. Felices festas tartarugas!

 

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design