A ÁRBORE DE PATANJALI (III)

Patanjali, non se esqueceu de nós e durante estes días deixounos máis ensinanzas.

Na súa sexta visita, apareceu no zume da árbore (Dharana) que fai referencia a atención. Para traballala trouxonos nunha cesta unha serie de obxectos  que tiñamos que memorizar e logro lembrar sin mirar!

Na sétima visita, quixo que traballasemos a concentración e nos iniciasemos na meditación polo que apareceu nas flores da árbore (Dhyana) relacionadas con estos aspectos. Por ese motivo, elaboramos unhas botellas da calma na que introduxemos uns limpiapipas que movimos cuns imans para observar e conectar co noso interior. 

Por último, Patanjali, a nosa serpe, estaba nos froitos da súa árbore (Shadani) para lembrarnos a importancia de respectar o medio ambiente e coidar a natureza. Plantamos unhas fabas nuns vasos de iogur para aprender algúns dos beneficios das plantas.

Despois de deixarnos as súas 8 ensinanzas, para despedirse de nós Patanjali trouxonos un xogo moi divertido que consistía en lanzar un dado e facer diferentes posturas (asanas) segundo o número que saía nel. Algunhas das posturas que realizamos foron a do neno (balasana) ou a do camello (ustrasana). Pasámolo xenial!

Moitas Grazas por todo Patanjali, ata outra! Namasté!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design