Con motivo do Día internacional contra a violencia de xénero (25 de Novembro), en catro anos (aproveitando que somos a aula das tartarugas) traballamos o conto de Artur e Clementina. Unha historia fabulada con dúas tartarugas como protagonistas que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación.
Despois de escoitar o conto, "fixemos" a nosa Clementina (empregando caixas de ovos, gomets...) para que estivese contenta. Pois, Clementina estaba un pouco triste porque Artur non a valoraba e nós queríamos que se sentise ben con ela mesma, libre e capaz de conseguir o que se propoña. Amosamosvós o resultado!