"Adiós ríos, adiós fontes" por Vagalume Animación

Publicado en Facebook por "Cultura Carballo":
"Este ano celebramos as Letras Galegas #desdeamiñacasameular, inspirándonos nun dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Grazas ao Grupo de teatro Vagalume Animación por este recitado coral dunha das obras máis relevantes da literatura galega. Non faltedes o domingo 17 de maio ás 12.00 horas á programación especial do Día das Letras Galegas que ofreceremos a través desta páxina de Facebook".