Carreira solidaria Save the Children

 

Un curso máis, dende o Gandara-Sofán, levaremos a cabo a CARREIRA SOLIDARIA en favor da entidade SAVE THE CHILDREN. Terá lugar o próximo xoves 31 de xaneiro.

A través desta carreira solidaria pretendemos mobilizarnos e loitar para defender os dereitos dos nenos e nenas que viven refuxiados ou son vítimas de conflitos armados.  

Cada quilómetro recorrido conta para chegar á meta: conseguir que todas as nenas e nenos do mundo teñan asegurado o cumprimento dos seus dereitos. Trátase de sensibilizar e recadar fondos para defende-los dereitos doutras nenas e nenos nunha situación máis vulnerable.

Como nas edicións anteriores esperamos a vosa colaboración na iniciativa e que o alumnado comprenda a importancia desta xornada.

Deixamos o enlace coa web SAVE THE CHILDREN_KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE 

https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad