Marzo 2021

ANIVERSARIOS (4 ANOS)

No mes de Marzo na clase de 4 anos estiveron de aniversario Izan e Sergio. Moitos parabéns para eles! Xa teñen 5 anos!

Ademais coa chegada da primavera comenzamos a celebrar os aniversarios Montessori cos que traballamos as estacións e os meses do ano!

LIBRO DOS ALIMENTOS E CONSUMO DE LEITE E FROITA NO COLEXIO

Este segundo trimestre, o alumnado de infantil, estivo  a traballar os alimentos. En tres anos deixamos plasmado, parte dos contidos aprendidos, no "libro dos alimentos". Tamén se adxuntan fotos do consumo de leite e froita que se levou a cabo dentro do plan proxecta no noso centro. 

Proxecto das tres R

Os nenos e nenas de infantil estiveron aprendendo moitas cousas sobre as 3 R.

Queredes saber o que son? pois miradeo vídeo!

Aquí vos deixamos algunhas fotos do mural que elaboraron e se atopa no corredor do colexio:

Somos panadeiros e panadeiras!

Os nenos e nenas de infantil estivemos elaborando pan esta semana. Aquí podedes ver que ben nos quedaron:

Aula de 3 anos:

Aula de 4 anos:

Aula de 5 anos:

Resultado final: QUE RICO!

OS CONTOS DO TITIRITEIRO. COUSAS DA CASA.

HOXE, MÉRCORES 10 DE MARZO, OS NENOS DE INFANTIL PUIDEMOS DISFRUTAR DUNHA SESIÓN DE TÍTERES EN VIVO. O USO DO PAVILLÓN PERMÍTENOS MANTER AS CONDICIÓNS DE DISTANCIA E VENTILACIÓN AXEITADA, E DESTE XEITO OS NENOS VOLVERON A DISFRUTAR DUNHA EXPERIENCIA ÚNICA. 

A OBRA "COUSAS DA CASA" TRATA, DENDE O HUMOR, VALORES DE CONVIVENCIA E RESPETO POLO PAPEL DA MULLER NAS TAREFAS DO FOGAR. FOI UNHA ACTIVIDADE MÁIS QUE O CENTRO TIÑA PROGRAMADA PARA A CONMEMORAICÓN DO 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER. 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALADORA.

ESTE ANO DENDE O CEIP GÁNDARA - SOFÁN ESTAMOS A TRABALLAR A MULLER NA SÚA FACETA ARTÍSTICA. PARTIMOS DO PROXECTO DO CONCELLO DE CARBALLO "DERRUBANDO MUROS CON PINTURA" PARA TRABALLAR MULLLERES ARTISTAS E ILUSTRADORAS. CADA AULA DE INFANTIL TRABALLOU UNHA MULLER PINTORA CON OBRAS NA NOSA VILA. AQUI VOS PRESENTO AS ARTISTAS ESCOLLIDAS:

AULA DE 3 ANOS:

LAURA TOVA. INTERPRETACIÓN DA OBRA "OSO EMERXENDO DA PAREDE"

PARABENS MARTÍN!!

O 3 de marzo estivo de aniversario Martín!

PARABENS MARTÍN!!

OS CONTOS DA TITIRITEIRA. A XANELA DO MAXÍN

Estamos en tempo de pandemia, pero unha das cousas que máis lle gustan aos nosos nenos e nenas son os contos e no C.E.I.P Gándara-Sofán non podían faltar. O 23 de febreiro as tres aulas de infantil disfrutamos dun contacontos online. Puidemos ver a obra "OS LIBROS DA TITIRITEIRA" da compañía A XANELA DO MAXÍN. 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design