Investigamos

5 anos presenta "A historia do pan"

        “ A HISTORIA DO PAN “

 

          Os nenos e nenas de 5 anos investigamos a orixe dos alimentos e quedamos abraiados  da procedencia de moitos deles. Tamén traballamos os distintos tipos de alimentos e as súas características. Con toda a información confeccionamos un lapbook. A partir da elaboración do lapbook, cando traballamos os ingredientes da masa do pan, dos biscoitos e das pizzas xurdiu a idea de coñecer por que a masa sube se a deixas descansar. Descubrimos un ingrediente novo: o fermento. Sentimos curiosidade por coñecelo e recollimos a información nun kamishibai.


       Queredes coñecer a historia do pan?  Prestade atención:

GRAZAS NENOS E  NENAS DE 5 ANOS!

BO TRABALLO!!

Libro de receitas de 4 anos B

 "LIBRO DE RECEITAS"

 

A  clase dos Cociñeiros de 4 anos B estivemos traballando, ó longo do curso,  diferentes alimentos. Experimentamos a súa textura, o seu olor, as súas características... e cociñamos  con eles moitas receitas na clase e nas nosas casas. As familias participaron moito neste traballo cociñando connosco e compartindo cos compañeiros e compañeiras.

            

            O resultado desta investigación, é dicir, todas as receitas recollémolas nun Receitario viaxeiro que percorreu todas as nosas casas.

 

Presentamos "O Libro de Receitas dos Cociñeiros de 4 anos B":

 


  QUE APROVEITE!

2ª A presenta :"O ouro líquido"

"O OURO LÍQUIDO"

 

A nosa investigación  foi sobre o aceite de oliva. Eliximos este tema  porque apadriñamos a Oliveira do cole no mes da Ciencia  e decidimos saber moitas cousas sobre a nosa árbore. Estivemos todo o ano observando como cambia ó longo das estacións. Comezamos o noso traballo co estudo das características da oliveira e  do seu froito. Investigamos os pasos para a obtención do aceite e os beneficios saudables que nos aporta na nosa dieta diaria.

 

          Recollemos toda a nosa información nunha presentación.

 

Prestade atención e lembrade que hai que poñer aceite de oliva para comer pratos saudables.

 

BOA INVESTIGACIÓN 2º A !!

NORABOA!!

2º B presenta: "A vitaminarse"

"A VITAMINARSE"

 

O alumnado de 2º B estiveron facendo unha investigación sobre as vitaminas, estudaron os seus tipos, os alimentos que as conteñen e os beneficios que aportan as nosas vidas.

 

         Recolleron todos os contidos do seu traballo nun “Kamishibai”, realizando previamente o traballo plástico para a súa confección.

         O resultado é o magnífico traballo que gravaron no seguinte vídeo.

 

                   Desfrutade do Kamishibai : “ A VITAMINARSE “

 

BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!

 

SEGUIREMOS O CONSELLO

Desprazámonos sobre dúas rodas, 5ºA

O alumnado de 5º A elixiu a bicicleta para traballar sobre o PDI "Vivindo san no cole Frian".

Pareceunos que empregar a bicicleta podía ser moi bo para a nosa saúde e para o planeta. Así foi, fómonos documentando na biblioteca, na internet, e quedounos moi claro; estabamos ante unha máquina que pode mellorar a nosa saúde física e mental.

Fisicamente, axuda a evitar a obesidade, a coidar o noso corazón, a fortalecer as nosas articulacións, a desarrollar os nosos sentidos...

Mentalmente, axudanos a facer amigos, a relacionarnos, a respirar aire puro, a desestresarnos.

Descubrimos que coida do medioambiente xa que non contamina, aforra espazo nas cidades.....

Así que :  "Se tes unha bici, tes un tesouro"

Descobre todo o que aprendemos no seguinte vídeo e todas as actividades que fomos realizando:

 

Mural das partes da bicicleta

Decoración da nosa porta

Marcapáxinas para o Día do Libro

 

Traballamos en scracht as partes da bicicleta

Aprendemos moi durante estes meses, estamos moi animados, a empregar a bicicleta para coidar a nosa saúde e a do planeta.

Animádevos, xuntos e xuntas o pasaremos xenial mentres coidamos o noso corpo e o Planeta.

Powered by Drupal - Design by artinet