Formación de usuarios

CONTROLA OS TEUS DECIBELIOS!

CONTROLA OS TEUS DECIBELIOS!!!

 

 

Iniciamos a andaina deste curso con moitas gañas de aventuras e emocións na nosa biblioteca.

Seguindo o lema deste ano : Biblioteca escolar - “Territorio das Artes”, pretendemos encher o noso cole de experiencias que fagan expresarnos a través de todas as artes.

Comezamos coa formación de usuarios

Repasamos as normas para manexarnos e disfrutar mellor da nosa biblioteca...pero, decatámonos que utilizar un volume axeitado da nosa voz, cóstanos un pouquiño, tanto na biblioteca como no resto do cole.

Frianciño parece que tamén se decatou da nosa necesidade de modular o volume da voz e proponnos un reto: CONTROLA OS TEUS DECIBELIOS!!!!! En que consiste este reto?

 

Para os cursos 1º,2ºe 3º

Vemos o seguinte vídeo da Sociedade Nacional de Acústica e descubrimos a un novo amigo:

 

 

Preme na imaxe e xoga co noso novo amigo

Frianciño ten un aparato moi especial para medir o noso volume da voz. Descubre cal é ese aparato premendo na seguinte imaxe

SONO

 

Propónnos cinco niveis da voz para traballar mellor na biblioteca e no cole 

 

Que niveis de voz usaremos na biblioteca?......

 

Para os cursos de 4º,5º,6º

Frianciño proponnos un novo reto

“Establecer distintos niveis do volume da voz para cada situación de comunicación. Co seu sonómetro mediu os nosos decibelios, e están un pouquiño altos”

Sabes que é un sonómetro?.....E os decibelios?

Investiga nas seguintes páxinas:

-http://www.profesorenlinea.cl/ecologiaambiente/contaminacionacustica.htm

-https://app.box.com/s/2sjduo5lkdemw7jrrwuqo0iu8x6f8pgj

-https://luisamariaarias.wordpress.com/cono/tema-4-la-energia/o-son/

Establecemos cinco niveis de voz no cole. Relacionamos cada nivel con cada unha das situacións de comunicación e asignámoslle unha cor.

Na biblioteca que niveis de voz usaremos?

Para facer o teu traballo descarga a ficha na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/document/d/1DP1bNXm0bF7kNfqsFRb1tXwgYbgfzH9CyeTYJAmTq9Q/edit?usp=sharing

 

 

BOA INVESTIGACIÓN E A CONTROLAR OS DECIBELIOS!!!

Powered by Drupal - Design by artinet