Actividades varias

Actividades varias

POEMAR "O MAR"

 

 

O día 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de Vigo, colaboramos nun acto que foi organizado

pola  Asociación Ateneo Atlántico a Antonio García Teijeiro e Ledicia Costas.

A nosa colaboración consistíu en facer un vídeo onde Helena, Lara, Nadia, Mateo e Icía,

lían poemas do libro POEMAR O MAR de Antonio García Teijeiro.

 



Ás 19.00 horas comezou o acto e durante casi dúas horas o escritor e a escritora falaron

dos seus gustos, de como se coñeceron, de como é o seu traballo, o seu día  a día, do que

sentiron cando souberon que lles tocara un premio, o premio nacional de literatura xuvenil

e infantil. Foi tan interesante que o tempo pasou voando, casesen darnos conta.


O vídeo, no cal colaboramos nós, o CEIP POMBAL e o IES de Valadares, era unha

sorpresa para el e para ela. A verdade que non o esperaban e gustoulles moito ou al

menos iso cremos...

 

 

Antón e Ledicia

 

 

Antón Garcia Teijeiro

 

 

CELEBRANDO O NADAL EN 2º

Para celebrar o Nadal en 2º A e B fixemos diferentes actividades como construir unha árbore coas siluetas das nosas mans, tarxetas para felicitar as festas, adornos e ...unha boa festa!! Aquí tedes a nosa reportaxe.

TALLER NAVIDEÑO SAUDABLE 2º PRIMARIA

Para celebrar un Nadal saudable fixemos un taller construíndo árbores navideñas con froita que despois foi moi divertido

comela.

 

 

Xornada de acollida no IES República Oriental do Uruguai

O alumnado de 6º de primaria visitou o IES República Oriental do Uruguai (ROU) para realizar unha xornada de acollida. Fomos camiñando dende o colexio, o tempo acompañaba, e as distancias non son moi grandes.

Alí esperábannos para presentarnos o proxecto deste ano; facendo  de mestres de ceremonias, antigos alumnos/as de Frian. Que orgullo!

Ensináronnos distintas dependencias do centro: a biblioteca, a aula de bilingüe, o laboratoiro, o horto, etc. Compartiron connosco un obradoiro de ciencia, onde sorprendéronnos con moitas actividades; participamos nunha demostración de robótica...

Agasalláronnos cunha estupenda merendola e conseguimos que nos convidaran a representación de "Romeo e Julieta", pero iso é outra historia....

 

Vémonos axiña!

Powered by Drupal - Design by artinet