Skip to Content

MASCOTAS NAS FAMILIAS DO FRIÁN

               

                  Unha vez analix¡zados os resultados da enquisa enviada as familias, podemos dicir que:

 

     1. A metade dos fogares das nosas familias contan cunha mascota no seu fogar.

     2. Mais dun 65% das respostas confirmaron ter un canciño como a mascota elexida, un 19% preferiron ter un gato, e outras familias decantáronse por paxaros e outras especies, sen que os peixes foran elexidos nalgunha casa.

    3. Case a totalidade das familias considera que seus fillos/as implícase nas tarefas de coidado e atención dos animais da casa.

      4. Unha maioría aplastante manifesta non ter intención de empregar como agasallo de Nadal a chegada dunha mascota, só unha leve porcentaxe di ter dúbidas en facelo polas cargas que implica esta decisión.

   

       5. Finalmente, menos da metade das respostas refliten que os seus fillos son conscientes das necesidades e obligacións que supón ter ao seu cargo unha mascota. 

 

            Deste xeito constátase a importante tarefa de seguir traballando polos dereitos e necesidades dos animais, da visibilización do compromiso que se adquire cando nos facemos cargo dunha mascota e o papel imprescindible dos cativos para que esta aprendizaxe sexa de proveito nas vindeiras xeracióins.

 

 

                     Moitas grazas a todas as familias que participaron na enquisa.

 



page | by Dr. Radut