ILUSTRANDO SOÑOS

Este pasado venres 7 de xuño, levouse a cabo a actividade titulada

"ILUSTRANDO SOÑOS: ENCONTRO DE ILUSTRADORES"

Os contos forman parte importante das nosas vidas dende ben pequenos e as ilustracións e as imaxes son sen dúbida unha parte fundamental sobre todo na etapa infantil. Por iso realizamos este encontro, para facer fincapé no importante papel do ilustrador. Con este motivo nos visitaron cinco ilustradores moi importantes :

Bea Fraga, Victor Rivas, Federico Fernández, Óscar Villán e Pablo Rosendo.

Ao longo de todo o mes, o alumnado levou a cabo diferentes actividades sobre a biografía e bibliografía dos ilustradores asignados. Traballos que fixeron con moito esforzo e ilusión.

                            

Levouse a cabo un acto con todos os ilustradores. O alumnado de 3ºB fixo unha presentación sobre Pablo Rosendo que compartiron con todos. Tamén realizouse unha ronda de preguntas feitas polos alumnos sobre o traballo de ilustrador.

                        

Despois do acto, todo o alumnado puido gozar coa realización de diferentes obradoiros levados a cabo polos ilustradores. Aquí vos deixamos un vídeo con todas as actividades.

GRAZAS A TODOS POR COMPARTIR O VOSO TRABALLO CONNOSCO!!!

           

Powered by Drupal - Design by artinet