De boca en boca

Cartel: Novembro, mes da Tradición Oral

O mes de Novembro adícase á Tradición Oral. É dicir, a todos eses ditos, refráns, lendas, contos e historias que, dende tempos inmemoriais, forman parte do noso Patrimonio Oral, e que teñen sido transmitidos de pais a fillos durante xeracións e xeracións.

Un pobo sen tradición oral é un pobo sen historia. Pero nós queremos ser conscientes de onde vimos e a onde imos. Por iso, invitamos durante este mes a toda a Comunidade Escolar a rebuscar na nosa memoria e recuperar todas esas historias que, cando eramos cativos, nos contaron os nosos pais ou os nosos avós.

Como podemos colaborar?

  • Os pais, nais, avós e avoas poden achegarse ó Colexio para nos contar historias. Pero... ollo! Antes poñervos en contacto con Ana F. ou con Mónica M., para establecer un horario!
  • Entre todos podemos elixir o "conto de boca" que máis nos gustou de pequenos. Para iso, cubride a enquisa que vos temos enviado, e devolvédea á escola.

Deixarvos levar! Seguro que o pasaredes moi ben!

 

Powered by Drupal - Design by artinet