"Cíes, o noso Patrimonio" acadou un premio

Rematamos o ano 2018, moi contentos por recibir un novo premio.

Recentemente fíxose pública a resolución do V Concurso de Traballos por Proxectos, e estamos de noraboa porque un proxecto realizado en 5º e 6º de primaria, o pasado curso, resultou premiado, o título do mesmo é: "Cíes, o noso Patrimonio".

Queremos facer chegar a nosa felicitación o grupo de 6º do curso pasado que xa se atopan no IES xa que forman parte do mesmo.

Ligazón á resolución da convocatoria:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_concurso_ttp_2018_19.pdf

A ruta proposta para afondar no tema foi a seguinte:

Ruta de traballo 5º

 https://view.genial.ly/5aca46982fc1330d9b654702/islas-cies

Ruta de traballo 6º

https://view.genial.ly/5abe524cf3a2973e058f0554/illas-cies-o-noso-patrimonio

 

O produtos máis salientables podémolo ver na crónica da visita Ás Cíes:

 

O alumnado de 5º e 6º, acompañado do seu profesorado e de Gerardo, foi a visitar as Illas Cíes.

Se premes na foto, podes desfrutar de moitas máis

 

O obxectivo da visita foi comprobar, in situ, o que aprendemos dentro do proxecto "Cíes, o noso Patrimonio". Unha vez máis a realidade superou todo o que aprenderamos nas aulas. Acompañados por un guía de excepción, Gerardo Fernández Carrera, puidemos desfrutar da súa flora e fauna dun xeito moi ameno. No seguinte enlace podedes lembrar a charla que Gerardo veunos dar ao colexio https://youtu.be/VdDEFlzx0gg

Camiñamos moito, 15 km, pero valeu a pena. O noso ascenso ó "Faro da Porta" quedou recompensando pola presenza de niños de gaivota patiamarela. Estes niños, nalgúns casos, xa estaban habitados por crías e outros por ovos.

Tamén nos achegamos ó "Alto da Campá", que extraordinarias vistas e que formaciones rochosas tan curiosas!

Pola tardiña, despois de repoñer forzas, na illa de Monteagudo, visitamos unha "duna fósil" e "un concheiro", que curiosidades agochan estas illas.

Tivemos tempo para repoñer forzas, degustar un xeado, darnos un baño e xogar.

E como todo acaba, collemos o barco de regreso, non sen antes gritar:

Cies, Patrimonio da Humanidade, xa!

No seguinte vídeo podes ver como reclamamos ese título para as Illas Cíes, que tan merecido ten; uníndonos así á campaña para lograr esta nominación.

 

Durante o percorrido polas illas tamén recollemos datos sobre as concicións meteorolóxicas ao longo do día. Con todos eses datos realizamos unha edición especial do noso programa informativo do tempo "Orballando Novas". Prestade moita atención:

 

Moita grazas, Gerardo, por contarnos tantas cousas interesantes, e pola túa paciencia; de seguro nunca esqueceremos esta viaxe.

Máis de un e unha xa está pensando en volver!

 

 

Ligazón ao proxecto completo:

https://docs.google.com/document/d/1SQkIheAaG-CJydl6mojDKa0X4Z9Js0Un51CtmbFKCHI/edit?usp=sharing

Noraboa a toda a Comunidade Educativa!

 

Powered by Drupal - Design by artinet