Día Internacional do Libro 2018 en Frian

O luns 23 de abril, commemoramos o Día Internacional do Libro no cole cunha serie de actividades.

 

         Por unha banda, o noso xeito de celebralo foi facendo un Apadriñamento lector  e así converternos en“Padriños/madriñas e afillados/as lectores/as”. O alumnado dos cursos superiores leron ós demais cursos.

        Cada padriño/madriña foi a buscar ó seu afillado/a e levouno ó seu lugar preferido do cole para facer a  lectura do conto escollido.

        Foi unha delicia sentir durante media hora  un murmullo de voces contando historias de medo, de piratas, de animais, de princesas, de froitas e vexetais.

      Todo o cole encheuse dunha maxia especial e en todos os recunchos había rapaces e rapazas  saboreando unha boa aventura lida por un compañeiro ou compañeira de cole.

              Como non podía ser doutro xeito, unha experiencia así,  tiña que ter un agasallo. Houbo intercambio de marcapáxinas, un bico e algún que outro obsequio para os afillados e afilladas.

 

       Por outra banda, fixemos unha recopilación dos nosos libros e contos favoritos. Cada aula elixiu dous títulos e decorou cadansúa banda para pegar nas escaleiras do cole.

        O resultado quedou fenomenal e agora cada vez que subimos as escaleiras estamos a repasar os títulos de contos e libros infantís máis importantes para o alumnado do cole.

 

        Desfrutade da nosa celebración no seguinte genially:

Powered by Drupal - Design by artinet