Visita de Anxo Fariña

O alumnado de 5º de primaria, desfrutou coa visita de Anxo Fariña

Anxo Fariña na súa faceta de ilustrador

O escritor e ilustrador Anxo Fariña acudiu o noso colexio  o 21 de novembro, dentro do programa do "Faro da Escola" no que estamos a participar para a elaboración do xornal escolar. A súa visita ten que ver coa lectura do seu libro "A chave da Atlántida". Con anterioridade á visita realizamos nas aulas unha lectura comentada e compartida donde descubrimos a "Cidade misteriosa da Atlántida" moi preto do noso colexio, nas fantásticas Illas Cíes. Da man de A-0, un robot humanoide, vivimos unha apaixonante aventura.

Recuncho adicado a Anxo Fariña

Anxo Fariña comentounos a súa paixón polos robots, polas Illas Cíes, polo debuxo, pola escritura...Demostrounos o ben que debuxa e deixounos dous traballos: o labirinto, e o debuxo de M-0 (Mariely robot-humanoide). Deixounos uns agasallos que recollimos emocionados, tamén houbo momentos para as dedicatorias.

Moitísimas grazas Anxo pola túa visita e ao Faro de Vigo por facelo posible.

 

Mellores momentos de Anxo Fariña no noso cole

Powered by Drupal - Design by artinet